Skip to content
ACCESO RESTRINXIDO. SÓ PROFESIONAIS
12 DEC. / 09.30 h.
Sala Zennet
ÁGORA | ENCONTRO PROFESIONAL

O venres 12 de decembro acollerá unha xornada que comezará coa presentación dos proxectos participantes no Terra#LAB e continuará cunha mesa de debate arredor da profesionalización no ámbito da produción audiovisual.
Dentro deste industry, participarán profesionais de compañías como Movistar Plus+, Sideral ou Begin Again, xunto con outras entidades de referencia da industria audiovisual estatal.

Se es profesional e queres asistir, ou simplemente precisas máis información sobre este encontro, escríbenos a producion@novoscinemas.com.

09:30h – 12:45h Presentación dos proxectos do Terra#LAB

13:00h – 14:00h Da formación á profesionalización. Tránsitos e pontes na produción cinematográfica
Que ocorre cando un proxecto audiovisual deixa de ser un exercicio para converterse na porta de entrada ao eido profesional? Esta mesa propón un diálogo sobre ese tránsito: como pasar das primeiras experiencias creativas á consolidación dunha carreira e como a produción xoga un papel clave nese proceso.
Silvia Fuentes –produtora galega en Sétima e representante do talento emerxente en pleno despegue– , Jerónimo Quevedo –cineasta e produtor cofundador de Un Puma (Bos Aires), produtora imprescindible no auxe e internacionalización do cinema máis creativo, arriscado e emerxente en Sudamérica– e Tono Folguera –produtor catalán en Lastor Media, á fronte de proxectos españois punteiros e recoñecidos internacionalmente– conversarán sobre aprendizaxes, obstáculos e éxitos nese salto á profesionalización. As súas experiencias promoverán unha reflexión colectiva sobre aquelas condicións que favorecen un ecosistema audiovisual sólido, accesible e sostible.

14:00h- 16:00h Networking lunch
Acceso mediante inscrición previa