Skip to content

Taller de cinema con Anxos Fazáns

Para estudantes do Campus de Pontevedra

9 DEC | 16:30h, Teatro Principal

“Decateime, firme e brutalmente, de que concebira a maioría das películas nas entrañas da alma, corazón, cerebro, nervios, órganos xenitais e sobre todo nas tripas”.
Ingmar Bergman
. IMÁGENES (1992)

INFO TALLER

Non entendo outro xeito de facer cinema. Sempre hai algo que ten que ver con poñer o corpo, expoñerse, prestarse, deixarse ir ou incluso desaparecer na película. Sempre hai algo físico no proceso. Ás veces ten que ver directamente con suxeitar e mover unha cámara ou incluso con colocarse diante do dispositivo. Pero moitas veces está na relación cos corpos que dirixes nunha escena ou no xeito de guiar a enerxía dun equipo. Suxeitar unha mirada, soster unha emoción, acompañar un impulso. Outras veces, simplemente, estás sentada nunha mesa, alguén fai unha pregunta, non sabes a resposta e buscas, necesitas responder e a solución sae de aí, das tripas, porque o corpo garda, o corpo sabe, integra e procesa. Ás veces incluso, estás sola e unha idea golpea no peito, e non deixa de golpear, e con sorte tes un boli a man e comezas a escribir. Interésame cando o inconsciente gaña a partida nos procesos de creación.

Este taller proponse acompañar o proceso creativo do alumnado, partindo destas ideas sobre o compoñente físico do cinema, pero dando total liberdade para a creación. O taller é unha proposta, un xogo, un acompañamento. As sesións organizarase a partir do visionado analítico de referentes primeiro e logo das propostas do propio alumnado. Tamén se levarán á práctica moitas cuestións a través de dinámicas de creación, traballo en equipo, exercicios de dirección de escena e improvisación.

Unha das claves do obradoiro será aprender a compartir os procesos, saber escoitar e incorporar propostas, permitir que os proxectos sexan permeables e entender os procesos de creación como algo aberto, fluído e en continua evolución.

Toda mirada nace dun corpo. Todas temos un corpo. Todos os corpos son válidos e todas podemos facer cinema dende os corpos.

Anxos Fazáns

BIOGRAFÍA

Anxos Fazáns (Seixo, 1992). Como directora e guionista, A Estación Violenta (2018, Matriuska) é a súa primeira longametraxe coa que viaxa por varios festivais como o Festival de Cinema Europeo de Sevilla, BAFICI, D’A Film Festival, SANFIC ou Cinespaña Toulouse. Recibe ademais unha Mención de Honra no Festival Internacional de Cali, así como oito nominacións aos Premios Mestre Mateo. As súas curtametraxes forman parte de diversos festivais: Area (2017, Matriuska) foi programado en Zinebi, Analóxica (2019, Erika Lust) compite en BAFICI e Curtocircuíto e Habitar (2023, Sétima) seleccionada entre outros no D’A Film Festival, Play-Doc, FICXixón, recibe ademais o premio a mellor curta galega no FICBueu e na MICE.

En 2018 funda a produtora Sétima xunto a Silvia Fuentes, dende onde produce e acompaña a directores como Javier Ferreiro, Zeltia Outeiriño, Ángel Filgueira, Sara Traba, Berio Molina ou Álvaro Gago. Actualmente atópase en postproducción da súa próxima película As Liñas Descontinuas, seleccionada na Incubadora da ECAM, no laboratorio de guión Sources2, no Campus de Verán da Academia de cine e no Final Cut do Festival D’A. A nivel formativo é graduada en Comunicación Audiovisual pola UVigo e realizou o Máster de Dirección de Cinema na ESCAC e o Máster en Arte Contemporáneo, Creación e Investigación da Uvigo.

CURTAMETRAXES
Area (Matriuska | 2017 | 16mm | 11’)
Analóxica (Erika Lust Films | 2019 | HD e 8mm | 14’)
Habitar (Sétima | 2023 | HD | 14’)

LONGAMETRAXES
A estación violenta (Matriuska | 2018 | 80’)
As liñas descontinuas, en postprodución, (Sétima & Elamedia | 90’ )

OBXECTIVOS

– Introducir ferramentas para a ideación, a escritura de guión, o deseño da linguaxe formal, a dirección de escena, a produción e a edición de obras audiovisuais.
– Acompañar os procesos de creación dando claves que permitan ao alumnado afrontar con maior confianza o desenvolvemento e a materialización de obras audiovisuais propias tanto de ficción coma de non ficción.
– Axudar a entrenar a mirada cun espíritu analítico e crítico.
– Aprender a expoñer as ideas previas e os resultados ante un público
– Crear un espazo onde compartir e pensar o cinema en colectivo.

REQUISITOS DE SELECCIÓN

// Ser estudante da Universidade de Vigo, no Campus de Pontevedra, e ademais todas aquelas persoas tituladas no curso académico 2024/2025 (grao, master, doutoramento), no Campus de Pontevedra.
// Coñecementos básicos de gravación de vídeo e de son.
// Dispoñer dun ordenador portátil e dun programa de edición de vídeo (Premiere, Final Cut, Da Vinci, etc.).
// Adaptabilidade para traballar nunha contorna colectiva e colaborativa.

PROGRAMA

08 de outubro
Conceptos básicos e fontes estéticas
Horario: 10h-14h e 16h-20h

29 de outubro
Presentación dos proxectos, análise e asesoramenteo cara a rodaxe
Horario: 10h-14h e 16h-20h

19 de novembro
Visionado, revisión dos proxectos e asesoramento cara unha montaxe final
Horario: 10h-14h e 16h-20h

09 de decembro
Presentación e exhibición pública das pezas realizadas na sesión inaugural da edición 10 de Novos Cinemas

No hay atajos

Galicia, España | 2025 | 5’ | ESTREA MUNDIAL

Susana Llorente (2004, Segovia)

Grao en Belas Artes (UVigo).

Os segredos da laranxeira

Galicia, España | 2025 | 4’ | ESTREA MUNDIAL

Andrés Álvarez (2002, Vigo)

Grao en Comunicación Audiovisual (UVigo).

Escoitei voar un susurro

Galicia, España | 2025 | 4’ | ESTREA MUNDIAL

Elías González (2006, Ourense)

Grao en Belas Artes (UVigo).

Pescadores de pulpo

Galicia, España | 2024 | 11’ | ESTREA MUNDIAL

Ángel Cea (2003, Vigo)

Grao en Comunicación Audiovisual (UVigo).

Eco

Galicia, España | 2025 | 8’ | ESTREA MUNDIAL

Gema Vergara  (2005, Vigo)

Grao en Comunicación Audiovisual (UVigo).

Inercia

Galicia, España | 2024 | 5’ | ESTREA MUNDIAL

Gema Rodríguez (2004, Vigo)

Grao en Belas Artes (UVigo).

Otro día

Galicia, España | 2025 | 5´ | ESTREA MUNDIAL

José García (2005, Ponteareas)

Grao en Belas Artes (UVigo).

A viaxe de Elena

Galicia, España | 2025 | 6’ | ESTREA MUNDIAL

Sara Ricoy (1999, Pontevedra)

Grao en Belas Artes (UVigo).

Incuria

Galicia, España | 2025 | 6’ | ESTREA MUNDIAL

Ash Diz (2001, Ourense)

Grao en Comunicación Audiovisual (UVigo).

Un retrato a través de una alegoría

Galicia, España | 2025 | 4’ | ESTREA MUNDIAL

Sofía Melón (2000, Bos Aires)

Grao en Belas Artes (UVigo).

Las Montañas

Galicia, España | 2025 | 6’ | ESTREA MUNDIAL

Tristán Decabo (2005, Ourense)

Grao en Comunicación Audiovisual (UVigo).