Skip to content
ENTRADA DE BALDE
14 DEC. / 12.00 h.
Museo de Pontevedra
ENCONTRO CON AMADOR LORENZO

Nacenza é o resultado editorial dun proxecto documental iniciado por Amador Lorenzo no ano 2014 co obxectivo de retratar a vida e os habitantes do Macizo Central de Queixa-Manzaneda acompañando a un veterinario rural no seu quefacer diario. O traballo de Amador propón un relato visual orixinal e contrario aos achegamentos nostálxicos tan habituais cando se retrata o mundo rural. Nacenza é un libro donde habitan, sen xerarquía e sen apriorismos, a vida animal e a persoas, o abismo da natureza e a seguridade do refuxio, a resistencia da vida e a inexorabilidade da morte.

Técnico superior en Imaxe (EIS, A Coruña), Amador Lorenzo acredita unha dilatada traxectoria en medios de comunicación: El País (edición Galicia), Xornal de Galicia, diario Marca, revista Luzes e Los Ángeles Times, entre outros. Aparte do seu traballo en prensa, leva más de una década expoñendo a sua obra. Foto fixa en produccións cinematográfica, destacando o seu traballo en destacadas produccións galegas como Matria (Álvaro Gago), O Corno (Jaione Camborda), La Parra (Alberto Gracia) e Ariel (Lois Patiño). Codirector de FFoco (Festival de Fotografía de A Coruña) desde su creación en el año 2017.