![](https://novoscinemas.com/wp-content/uploads/2024/12/CAT_ENCONTROS_02.jpg)
O cineasta, guionista e produtor marinense fincado en Vigo, Ángel Santos protagonizará un encontro no que afondará sobre o itinerario creativo da súa terceira longametraxe, Así chegou a noite, proxecto que explora a fraxilidade da nosa identidade mediante a figura dun artista plástico que aspira a conciliar as súas aspiracións e os e desexos con aquilo que mundanamente coñecemos como existencia.
Cineasta galego en activo desde 2002, Ángel Santos é licenciado en Historia da arte e diplomado en dirección cinematográfica polo Centre d’Estudis Cinematogràfics de Catalunya. É autor entre outros das curtametraxes Septiembre (2004), O Cazador (2008), M. (2017), Así vendrá la noche (2021) ou a recoñecida longametraxe Las altas presións (2014). Desde a súa produtora, Amateurfilms desenvolve proxectos propios e alleos acompañando a cineastas como Pablo García Canga, Santos Díaz ou Iván Castiñeiras. Como docente está implicado desde hai unha década no proxecto de educación nas aulas Cinema en Curs. É cofundador de Novos Cinemas, Festival Internacional de Cinema de Pontevedra do que foi director artístico durante o seu primeiras cinco edicións (2015-2019). Impartiu seminarios para universidades, centros de arte e festivais; participado como asesor en foros de desenvolvemento de proxectos do Festival de Málaga, MECAS das Palmas ou FIDBA de Bos Aires, e foi xurado en festivais internacionais como o FICX, Punto de Vista ou FICUNAM.