Actividade para escolares. Acceso gratuito público xeral

Coral Piñeiro é unha nova realizadora galega. Dirixiu as curtametraxes Dores e Na pel da memoria (esta última xunto a Laura Piñeiro) e actualmente traballa na súa primeira longametraxe, Da túa man para a miña, en colaboración con Fran Rodríguez Casal. É co fundadora de Memoria e Cinema, un colectivo de novos cineastas que exploran a memoria, dende a familiar ata a histórica.
Ademais, colabora en diferentes festivais galegos no ámbito da programación e da comunicación, e exerce como docente en proxectos de educación a través do cinema, como a MICEscola da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego.
A cineasta vilagarciá Coral Piñeiro (xurado da Sección Ceres) compartirá a súa concepción do cinema co estudantado, e presentará dúas curtametraxes que denotan a capacidade do medio para revelar que, tras os acontecementos históricos silenciados polas comunidades que os experimentan e os padecen, só hai seres humanos: corpos e mentes que habitan a fronteira entre o esquecemento e a memoria perenne.
España | 2025 | 14´ | Cor

Unha carta a Mariví Villaverde, filla do alcalde republicano da vila onde nace a nosa remitente. Mariví con 14 años vese obrigada a exiliarse por culpa do golpe de estado. Teñen súas vidas algo que ver? Son visibles as pegadas das persoas e das historias que nos precederon nos lugares onde crecemos?
Este relato reflexiona sobre a importancia da memoria histórica a través das vivencias da súa protagonista.
Dirección / Coral Piñeiro, Laura Piñeiro
Guión / Coral Piñeiro, Laura Piñeiro, Bruno Arias
Voz / Mariví Villaverde, Lidia Veiga
Montaxe / Laura Piñeiro, Bruno Arias
Son / Juan Garrido
Música / Artúr Silveiro
Interpretación / Laura Piñeiro
Produtores / Coral Piñeiro
Produtoras / Cinema e Memoria, Deputación de Pontevedra, O Pasado Por Vir
España | 2025 | 14´ | Cor

Dores responde a unha necesidade moi clara: loitar contra o esquecemento. Este documental recolle as historias de catro persoas que, dunha forma ou outra, foron testemuñas ou recollen os testemuños das consecuencias da represión franquista en Galicia.
Todas elas comparten un obxectivo común: aínda que as cicatrices da guerra civil seguen abertas e as consecuencias da ditadura franquista aínda seguen latentes hoxe en día, loitan para preservar a memoria histórica e gañar a partida ao esquecemento.
Dirección / Coral Piñeiro, Laura Piñeiro
Guión / Maite Martínez, Clara Millán, Coral Piñeiro, Laura Piñeiro
Voz / Marcos Montiel
Fotografía / Coral Piñeiro, Clara Millán
Montaxe / Laura Piñeiro
Son / Maite Martínez, Bea Fernández, Ezra Vázquez
Música / Artúr Silveiro
Interpretación / Enma Chapela, Mariano Jabonero, Susana Sánchez, Tino Cordal
Produtores / Maite Martínez
Produtoras / USC Facultade de Ciencias da Comunicación