Feísmo
España | Segunda longametraxe
Que pasaría se a paisaxe, para defenderse, reciclase aos seres humanos que lle sobran?
No proxecto de Lorena, catro centennials viaxan a unha aldea galega illada para facer un roteiro turístico por diferentes espazos “feístas”. A segunda noite, unha delas sobe un post irónico a Instagram burlándose dos habitantes do pobo e do feísmo. Inmediatamente comezan a darse situacións paranormales que apuntan a unha posible resposta defensiva do medio. Conseguirá a paisaxe reciclalos a todos e convertelos en feísmo?
Me llamo Erik Satie como todo el mundo
España, Portugal, Uruguay, Francia | Primeira longametraxe
Unha muller española viaxa a Uruguai en busca dun pai ausente ao que viu por última vez hai 12 anos.
Cando tiña 6 anos, unha cassette que a súa nai escoitaba sen cesar e unha imaxinación infantil desbordante fíxolle pensar que o seu pai era Erik Satie. Aos 36 anos, esta fantasía volve cobrar forza tras un resultado sorprendente nun test de ADN: o 29% da súa xenética é francesa.
Para aclarar esta confusión, proponse atoparse co seu pai na oficina dun notario e recoñecelo como o seu pai legalmente.
Pero para iso ten que atopalo.
Púa
España | Segunda longametraxe
Candela (40) é DJ no arrabalde de Madrid. Chegou do seu Valladolid natal hai 3 anos. Kike (27) é de Missouri, leva 2 anos en Madrid, fai unhas prácticas remuneradas para conseguir o título para facer zapatos ortopédicos e plantillas. Kike é fan de Candela e vai bailar cada vez que ten unha sesión. Un amencer, mentres lle axuda a recoller o equipo tras unha noite apoteósica de baile, Kike conta a Candela que veu a Madrid para saír dunha movida moi tóxica na que se meteu. “Eu, se quixese, podería conseguir que bebeses da miña man, Candela, pero xa non quero”. Candela ri coma se fose un chiste, pero un recordo faille conectar co seu pasado. Ela xa bebeu da man doutra persoa.
Julia de Castro, licenciada en Historia da arte (UCM), Graduada en Interpretación Textual (RESAD), Titulada Profesional na especialidade de violín (Conservatorio Profesional Arturo Soria) e Residente da Real Academia de España en Roma (2017-2018), Julia de Castro é unha artista multidiscipilinar. Codirixiu, coescribiu, coproduciu e protagonizou On the Go. Como guionista asinou o capítulo Así de Fácil (2020, HBO Europa) e a mediametraxe Exhalación (Filmin, 2020), que tamén dirixiu. Como actriz estreou a serie Poquita Fe (Movistar Plus, 2023) e os filmes de Paula Ortiz, Hildegart (2024) e Teresa (2023). Participou en obras teatrais producidas para o CDN, Teatro Real, Teatros del Canal, Teatro de la Abadía ou o Teatro Español. É fundadora e compositora Da Puríssima (2009-2019), proxecto que entende o Cuplé como un legado performativo imprescindible na historia da sexualidade feminina. En 2020, lanza o seu primeiro álbum en solitario La historiadora. Colabora semanalmente en Radio 3 e en medios escritos como Forbes Woman ou a revista Icon.
Un dios me ha robado el rostro
Arxentina | Primeira longametraxe
Entre cidades pequenas, viaxes en autobús e noites en estacións. O protagonista atopa un teléfono móbil vello no medio das serras, funciona mellor do esperado: non perde sinal nunca e pode escoitar chamadas alleas. Desta maneira empeza a descubrir conexións secretas entre os seus veciños.