O equipo do festival moderará unha mesa que aspira a ilustrar como empresas de distribución e axentes de vendas -orientadas ao cinema independente e ao cinema emerxente- idean e implementan as súas estratexias de comunicación e difusión coa finalidade que os seus filmes alcancen o maior rédito posible, tanto na esfera sectorial (prensa especializada, responsables de exhibición etc.), como na área do consumo potencial (o público), antes da súa presentación social e posterior chegada ás salas de cinema.
Interveñen
Lorena Morin (SplitScreen – Departamento de adquisicións e circuíto de festivais)
María Vera (Kino Rebelde – Departamento de festivais e adquisicións)
María Yáñez (Social Media Manager, periodista cultural e guionista)