Skip to content
Te separas mucho
Paula Veleiro
España | 2024 | 74´ | Cor
ESTREA EN GALICIA
Coloquio coa directora e o produtor

En 1989, José Luis e Luz María, un matrimonio novo que vive en Galicia e acaba de ter unha filla, divorciase. José Luis filma todo o proceso de ruptura coa súa cámara. En 2019, a súa filla Paula que vive en Francia desde hai dez anos coa súa moza Joy, sepárase. Paula, ao igual que o seu pai, gravou durante todo este tempo a súa historia de amor e o seu final. Este documental emprega material de arquivo íntimo para iniciar un diálogo entre dúas rupturas con trinta anos de diferencia, intentando contestar á pregunta: que é o que permanece cando o amor acaba?

La Macchina
Brais romero Suárez
info@lamacchina.es

 

ENTRADA DE BALDE
15 DEC | 20:30h
Teatro Principal

Dirección / Direction

Paula Veleiro López (Ourense, 1986) estuda Comunicación Audiovisual en Santiago de Compostela e especialízase en Dirección Cinematográfica no CECC (Barcelona). No 2012 se muda a Francia onde dedica 10 anos a realizar videoclips, curtametraxes, vídeos para festivais de música, concertos ou tráileres. En 2019 lánzase a dirixir a súa primeira longametraxe documental Te separas mucho, que é seleccionado na súa fase de produción en CIMA Impulsa, e en festivais como Novos Cinemas, L’alternativa ou Intersección. Neste afán por explorar todo tipo de linguaxes inicia unha nova fase como cantante da rate timide, grupo de música onde tamén escribe as letras das cancións. Actualmente atópase traballando na súa primeira novela, que contou co apoio da Residència Literària Finestres.

Guión / Script

Paula Veleiro

Fotografía / Photography

Paula Veleiro

Montaxe / Montaje / Edition

Paula Veleiro

Son / Sonido / Sound

Pablo Rivas Leyva, Carla Silván

Interpretación / Casting

José Luis Pérez Veleiro, Luz María López Castro, Joy Thomas, Paula Veleiro

Productores / Productores / Producers

Brais Romero Suárez

Produtoras / Productoras / Production company

La Machina