Esta é a historia da miña nai, Consuelo (70), unha muller xubilada que se fai viral en redes tras asistir a unha multitudinaria rave ilegal na súa pequena vila de La Peza, Granada. Inspiradas polo seu exemplo, outras veciñas deciden unirse á aventura defendendo a festa ante os discursos alarmistas dos medios de comunicación. A súa participación na rave simboliza unha pequena revolución que cuestiona as expectativas impostas sobre as mulleres de idade avanzada nunha sociedade rural. A través da voz da miña nai, o colectivo rave e as mulleres da vila, proponse unha reflexión coral sobre a liberdade, a identidade e o silencioso mais implacable transcorrer dos anos. ¿Volverán os raveiros á vila que con tanto agarimo os acolleu? Consuelo teno claro: non pensa quedar no sofá vendo a vida pasar.
