Skip to content

TERRA#LAB nace como un proxecto vencellado ao Festival Internacional de Cinema de Pontevedra Novos Cinemas, consolidándose como un espazo clave para acompañar e apoiar a cineastas emerxentes. Dende o seu inicio en 2016, ten impulsado máis de trinta proxectos cinematográficos, especialmente primeiras e segundas longametraxes de novas creadoras e creadores, moitas das cales se teñen estreado no festival e tiveron percorrido en relevantes eventos cinematográficos nacionais e internacionais.

Aínda que comezou como unha extensión natural do festival, co paso do tempo foi forxando unha identidade propia, baseada nun modelo de traballo claro e nunha liña editorial que aposta pola diversidade, as novas voces e as propostas que exploran os límites da linguaxe cinematográfica.

Na actualidade, TERRA#LAB mantén unha relación estreita e complementaria co festival, compartindo equipo, visión e programación, ao tempo que se afirma como un espazo independente de investigación, formación e creatividade, comprometido coa innovación e coa profesionalización das novas xeracións de cineastas.

Para calquera consulta ou dúbida, podedes escribirnos a lab@novoscinemas.com

BASES

    TERRA#LAB 2025 / FORMULARIO DE INSCRICIÓN / FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN / ENTRIE FORM
















    (Único arquivo en PDF. Máximo 20MB / Archivo único en PDF. Máximo 20 MB / Single PDF file. Maximum 20 MB)

    • Sinopse e tratamento do proxecto / Sinopsis y tratamiento / Synopsis and treatment

    • Nota de intención da dirección / Intención de la dirección / Intention of director´s film

    • Concepto visual / mood board

    • CV profesional do/a autor/a / Professional CV

    - Unha vez recibida toda a documentación e comprobado que está completa e correcta, enviarémosche unha mensaxe de confirmación de recepción.
    - Una vez que toda la documentación haya sido recibida y verificada que esté completa y correcta, le enviaremos un mensaje de confirmación.
    - Once all documentation has been received and verified to be complete and correct, we will send you a confirmation message.