Skip to content

CERES

En homenaxe á agricultura e as colleitas fértiles, Ceres (sección competitiva) promove traballos desenvolvidos en centros de ensino e formación cinematográfica e audiovisual de España e Portugal. Curtametraxes creadas por estudantes conformarán devandita sección. A edición 11 de Novos Cinemas. Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, que se celebrará entre o 08 e o 13 de decembro de 2026.

Cada centro seleccionará, como máximo, tres traballos coa fin de que participen na fase de selección. Novos Cinemas priorizará aqueles filmes cuxa exhibición supoñan a súa estrea en España ou a súa estrea en Galicia. Serán admitidos traballos producidos, ou cuxa estrea mundial tivese lugar, despois do I de xaneiro de 2026, sempre que non fosen estreados comercialmente en España, nin exhibidos en circuítos de televisión públicos ou privados no momento da inscrición do filme a concurso.

O período de admisión de filmes estenderase do 15 de xuño ao 15 de setembro de 2026.

XURADO E PREMIO

Tres profesionais de recoñecido prestixio outorgarán o Premio CERES, cunha dotación económica de 1.000 euros para @ director@ do filme gañador.

O galardón axudará a estimular o desenvolvemento do futuro proxecto d@ cineasta.

A decisión do xurado será inapelable.

BASES

    CERES 2026 / FORMULARIO DE INSCRICIÓN / FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN / ENTRIE FORM
























    Lin e acepto a política de privacidade / He leído y acepto la política de privacidad / I have read and agree to the Privacy Policy