Skip to content

SECCIÓN OFICIAL e LATEXOS

A Sección Oficial acollerá propostas cinematográficas arriscadas e heterodoxas, mentres que Latexos destacará producións máis modestas e íntimas. Poderán inscribirse longametraxes (≥ 60 minutos) que constitúan a primeira ou segunda obra das súas autoras/es.

Período de admisión: Do 06 de abril ao 01 de setembro de 2026.

NOVOS CINEMAS. Festival Internacional de Cinema de Pontevedra
Edición 11 | 08–13 de decembro de 2026

Festival dedicado á exhibición e difusión do talento de cineastas emerxentes, con especial atención ao cinema autoral. Priorizaranse estreas en Galicia ou España. A inscrición, gratuíta, estará aberta do 06 de abril ao 01 de setembro. Con premios outorgados por xurados profesionais, estudantado e público, o festival tamén ofrece apoio á distribución das obras premiadas.

BASES

    SECCIÓN OFICIAL & LATEXOS 2026 / FORMULARIO DE INSCRICIÓN / FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN / ENTRIE FORM