
Novos Cinemas celebra o seu décimo aniversario dun xeito moi especial. Tres persoas de currículo envexable e moi especiais para nós, pois nos axudaron a conformar o noso proxecto desde o seu inicio, participando activamente en diversas seccións e edicións, compartirán as súas opinións sobre a súa experiencia en diversas etapas do festival, incidindo no rol dos festivais no ecosistema cinematográfico e audiovisual contemporáneo.
Beli Martínez –produtora cinematográfica en Filmika Galaica–, Lois Patiño –cineasta e creador audiovisual– e Jaione Camborda –guionista, montadora, cineasta e produtora en Esnatu Zinema– acompañarán o director executivo do festival, Daniel Froiz –produtor cinematográfico en Matriuska Producciones– e periodista Alejandro Espiño, nunha proposta que valida o talento, a creatividade e o risco do noso cinema.