Skip to content

XURADO NOVO WANTED!

Para estudantes do Campus de Pontevedra

CONVOCATORIA

A finalidade desta convocatoria é seleccionar @s futuros membr@s do Xurado Novo da Edición 10 de Novos Cinemas. Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, certame que se celebrará do 09 ao 14 de decembro do 2025.

O xurado estará composto por cinco (5) persoas que outorgarán o seguinte premio da Sección Oficial da Edición 10 de Novos Cinemas:
– Premio Xurado Novo á mellor dirección

PARTICIPANTES

Poderá participar o estudantado da Universidade de Vigo matriculado no Campus de Pontevedra no curso académico 2025/2026 (grao, mestrado, doutoramento), e todas aquelas persoas tituladas no curso académico 2025/2026 (grao, mestrado, doutoramento), no Campus de Pontevedra.

CONDICIÓNS

Ser membro do Xurado Novo implicará dispoñibilidade total durante os seis días que dura o certame (do 09 ao 14 de decembro do 2025). Os membros do Xurado Novo comprométense a visionar TODAS as longametraxes da Sección Oficial coa finalidade de emitir un veredicto suficientemente motivado na xornada de deliberación. A cada membro do Xurado Novo entregaráselle unha acreditación para acceder a todas as sesións de cinema do festival, vales de manutención, así como unha entrada para as galas de inauguración e clausura.

O equipo de Novos Cinemas seleccionará a cinco (5) aspirantes.

    SOLICITUDE DE INSCRICIÓN / SOLICITUD DE INSCRIPCIÓN / REGISTRATION APPLICATION

    O prazo de presentación das solicitudes comezará o día 26 de setembro e rematará o día 01 de novembro.

    SELECCIÓN E COMUNICACIÓN

    O equipo de comunicación do festival porase en contacto coas persoas seleccionadas e publicará a listaxe na web do festival (http://www.novoscinemas.com) e na web da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra (http://campuspontevedra.uvigo.es/). A inscripción como Xurado Novo no festival NOVOS CINEMAS implica a aceptación e o compromiso de cumprimento destes requisitos. A organización de NOVOS CINEMAS se reserva o dereito de facer excepcións puntuais a estas bases por forza causa maior.

    Para calquera outra información, comunicarse no mail: info@novoscinemas.com