Celebramos o noso décimo aniversario coa exhibición de dúas longametraxes dirixidas por guionistas e cineastas marinenses, feito que nos permite compartir e socializar o talento e a creatividade da nosa provincia.
Anxos Fazáns –ex-alumna do campus de Pontevedra- presentará en Galicia a súa segunda longametraxe, As liñas descontinuas, proposta que afina a exploración do seu singular imaxinario mediante o retrato dun encontro azaroso, o de dúas persoas en estadios aparentemente distintos, mais que experimentan unha encrucillada similar que se evidencia na mirada, na palabra, no xesto e no corpo.
Pola súa banda, Ángel Santos -fundador e exdirector artístico deste festival- achega a nosa cidade Así chegou a noite, a súa terceira longametraxe, obra minimalista na que cristaliza a exploración do universo emocional e psíquico dunha xeración -a da creatividade, os logros e a satisfacción persoal- mediante a frutífera e simbólica relación entre figura e paisaxe, (hiper)conectividade e desconexión, palabra e silencio, presenza e ausencia.
Cinema íntimo e universal que conecta con correntes contemporáneas e pretéritas do cinema de autor internacional.