Skip to content

Os salmos

O cinema actual é de colaboración, como no período da Ocupación. A única posición posible do creador é a non colaboración. Jean Eustache

Os salmos é un drama atmosférico sobre pantasmas persoais e políticos. Xorde do desexo de rexistrar certas imaxes e sons: filmar o barrio da infancia, o concerto duns amigos, o mar pola noite, os traballos e os días no porto. Cun impulso documental, a película parte do real para ir na procura dun ambiente fóra do tempo e do espazo, convertendo lugares cotiás en ficción para descubrir o misterio que agochan, e afastándose cara a unha zona temporalmente autónoma onde o coñecido se volve estraño. Todo isto cun aire de utopía no fin do mundo.