10:30 h. a 13:30 h. e 16:30 h. a 19:30

Daniela Urzola (Cartaxena de Indias, 1992) Crítica de cinema. Colaboradora habitual de medios como Caimán Cadernos de Cinema, Filmtopia e Revista Mutacións. Traballa en programación (FILMADRID) e comunicación (FILMADRID e Seminci) de festivais de cinema. En paralelo realiza labores de docencia en institucións como a ECAM (Escola do Cinema e do Audiovisual de Madrid) ou a Universidad de los Andes (Colombia) e colabora no programa de alfabetización cinematográfica de AulaFilm, organizado pola Comunidad de Madrid.
Participou como relatora e/o en calidade de xurado en festivais como o Festival de Sitges, o Singapore International FF, Novos Cinemas, IBAFF, FICBUEU ou o Festival de Mar do Prata (xurado xoven). Tamén participou en publicacións como Clásicas, modernas y estrañas. Historias feministas del cine (Colección Nosferatu) ou Espejo de pasiones. El cine alemán, los años 70 y el siglo XXI: Moderno/Contemporáneo (Caimán Ediciones y Seminci), revelando unha tendencia á intersección nas súas investigacións.

Este taller ten como propósito achegar as principais tendencias narrativas no cinema de autor emerxente e contemporáneo en España. Analizando temas e casos de estudo concretos, búscase identificar e profundar nalgunhas das voces que están a definir o presente e o futuro do panorama cinematográfico nacional con discursos renovados e diversos que, desde a auto-ficción ata as perspectivas queer e de xénero, reflicten unha crecente preocupación polo mundo e as súas problemáticas actuais.
. 9 DEC.
. 10:30 h. a 13:30 h. e 16:30 h. a 19:30
· Duración: 6 horas, Casa das Campás.
· Público Xeral: 30 Euros, Estudantes: 15 Euros
· É necesario adxuntar o xustificante de pago.
· Ingreso vía transferencia na conta ES7200496737022910009006 a nome de ACC NOVOS CINEMAS. Concepto: TALLER con DANIELA URZOLA. O prazo de inscrición remata o 7 de decembro ás 23:59h. Prazas asignadas por rigoroso orden de inscrición.