Skip to content
Una sombra oscilante
Celeste Rojas Mugica
Chile, Arxentina, Francia | 2024 | 77’ | Cor
ESTREA EN GALICIA

El revela e imaxina un mundo no interior dun cuarto escuro. A súa filla fai diso un xogo: sobre imaxes latentes, posibles, inventadas sobre as formas de resistir e transitar a escuridade. Una sombra oscilante explora o peso íntimo e político das imaxes para abrir un espazo onde pensalas como acto de resistencia, xa sexa porque se fan pese ao horror ou porque existen para ofrecer un punto de fuga imaxinario que quizais nos libere deste.

Kino Rebelde | Maria Vera
Lisboa
distribution@kinorebelde.com  kinorebelde.com

11 DEC | 16:30h
Teatro Principal

Dirección / Direction

Celeste Rojas Mugica (1987) é unha artista visual, fotógrafa e cineasta chileno-arxentina, máster en Creación Cinematográfica da Elías Querejeta Zine Eskola (País Vasco). Investiga sobre as relacións entre memoria, violencia e imaxinarios sobre o territorio. Ao longo da súa carreira recibiu, entre outros, os Fondos Hubert Bals Fund-IFFR (Holanda) ou o Deutsch Art Council Fund (Italia). Recentemente exhibiu a súa obra e películas en festivais e espazos como FIDMarseille, DocLisboa, Ars Electronica, Lles Rencontres d’ Arles, FICUNAM. A súa obra está representada pola Galería Rolf Art. A súa primeira longametraxe, Una sombra oscilante, estreouse en FIDMarseille 2024, e obtivo a Mención Especial do Xurado.

Guión / Script

Celeste Rojas Mugica

Fotografía / Photography

Natalia Medina Leiva

Montaxe / Montaje / Edition

Celeste Rojas Mugica, Mayra Morán

Son / Sonido / Sound

Roberto Collío, Alex Del Río, Emmanuel Croset

Música / Music

Julián Galay, Violeta García

Productores / Productores / Producers

Florencia de Mugica, Celeste Rojas Mugica, Xénia Maingot

Produtoras / Productoras / Production company

Bomba Cine, Celeste Rojas Mugica, Eaux Vives Productions, Elías Querejeta Zine Eskola

Festivais / Festivales / Festivals

FIDMarseille 2024. First Film Competition. Juri’s Special Mention, FicValdivia IFF 2024 (Chile). Official Feature Selection, Viennale 2024 (Austria). Features