Skip to content

Baixo o influxo de Chris Marker, LATEXOS promove a interacción entre imaxes e sons que aspiran a nutrirnos evitando calquera ortodoxia ou dogma.

Catro filmes que afondan nas capacidades expresivas do medio comparten protagonismo na décima edición de Novos Cinemas.

A singular exploración dun cineasta, que fai do cinema a ferramenta idónea para reflexionar sobre biografía, familia, identidade, auto-coñecemento e aprendizaxe, encontra ecos nunha longametraxe que ilustra conscientemente as limiares relacións de uso e fascinación entre unha cineasta e o seu consciente (e fotoxénico) retratado.

Por outra banda, outro filme parte da vagabundaxe pola pretérita paisaxe dunha cidade mítica do noso imaxinario para visibilizar a súa radical transformación na era do progreso e o turismo masivo. Unha cuarta proposta, que parte da exploración do universo familiar da cineasta, revela aspectos do pasado do noso país mediante a metafórica relación entre dous seres extremadamente singulares: unha endémica especie vexetal de ultramar e un curioso e inquedo cineasta.