En homenaxe á agricultura e as colleitas fértiles, Ceres promove traballos desenvolvidos en centros de ensino e formación cinematográfica e audiovisual de España e Portugal.
Cinco curtametraxes, que ilustran posibles vieiros do audiovisual contemporáneo, conforman a sección Ceres da edición 10 de Novos Cinemas.
A persoal aproximación a determinadas tendencias do cinema de autor que bosquexan o complexo itinerario anímico da xuventude contemporánea, contrasta cunha radical validación do son como elemento estrutural que cuestiona e amplifica a condición espectadora. A lúdica crítica auto-referencial aos xéneros cinematográficos e ás cuestións de xénero, resoa nunha obra que combina sutilmente arquivo, son, animación e memoria para revelar a pegada da nosa infancia no noso futuro. Unha quinta proposta, concibe o cinema como ferramenta estético-política que revela as múltiples problemáticas que determinan o devir do mundo actual.