O equipo de programación de Novos Cinemas ofreceu a Carta Branca da décima edición ao Mimesis Documentary Festival -iniciativa do Center for Documentary and Ethnographic Media, University of Colorado Boulder-, festival especializado no documental creativo, cuxa liña editorial abrangue a vertente tradicional, experimental, etnográfica e rexional, promovendo temáticas, prácticas e comunidades subrepresentadas.
Catro curtametraxes compoñen esta escolma. Un dos seus programadores, Jean-Jacques Martinod (xurado da Sección Oficial), presentará unha selección que sintetiza o ideario estético e ideolóxico deste singular e transversal proxecto.
– Los Dos Lados De La Tortuga (2023), 11´
– La Primera Imagen De Marte (2023), 19´
– No More Room In Hell (2023), 23´
– Pictures Of A Negative Chair (2025), 9´
