Skip to content

Adrián Canoura

Adrián Canoura estuda en Realización e Produción Audiovisual (Fundación TIC, EIS Lugo) e especialízase en Cámara e Realización (Escola de Ficción de Voz Audiovisual, A Coruña). En 2016 trasládase a Madrid para cursar o prestixioso Master LAV. No 2018, a Academia Galega do Audiovisual noméao novo talento, e a crítica e teórica Nicole Brenez escolle Caerán Lóstregos do Ceo como un dos traballos do ano. As súas películas foron proxectadas en festivais como Curtas Vila do Conde, Fibda, Fracto Berlin, Filmadrid, Nouveau Cinema, FICCI de Cartaxena de Indias ou Sao Paulo. O traballo de Canoura abarca proxectos híbridos entre documental e ficción, aproximacións experimentais á vídeo-creación, traballo con arquivo ou creacións máis contemporáneas. Actualmente enfoca o seu traballo na creación audiovisual en directo para bandas como Baiuca, Sen Senra e Guitarricadelafuente, coas que percorre escenarios nacionais e festivais de todo o mundo, como o de Marrakech, Bogotá, Quito, Milán, París, Xenebra, Budapest ou Ciudad de México.

Daniel Maciel

Daniel Martins Pinheiro Maciel is an Integrated Researcher for ID+ Research Institute for Design, Media and Culture at the Polytechnic Institute of Cavado and Ave Co-Director at MDOC – Melgaço International Film Festival Member of the AO NORTE Film Society. He has a Bachelor’s Degree in Anthropology and a Master’s degree in Medical Anthropology (Coimbra University’s Faculty of Sciences and Technology), and a PhD in Anthropology (Power, Resistance and Social Movements) from the NOVA School of Social Sciences. Currently focusing on the relationships between heritage, photography, and survival in disintegrating communities of northern Portugal.

Vanessa Badagliacca

Vanessa Badagliacca é historiadora da arte e educadora. É doutora en Historia da arte pola FCSH-Universidade Nova de Lisboa. A súa investigación académica, en interacción coa súa práctica curatorial, explora os enredos entre a vida vexetal, as cuestións ambientais e as prácticas artísticas, cun enfoque informado pola ciencia, a eco-crítica e os novos materialismos, centrándose principalmente na Península Ibérica e América Latina desde unha perspectiva transnacional. Tamén se dedica á práctica de editar e escribir para exposicións e revistas. Actualmente colabora tamén co Festival de cinema FILMADRID na sección de SMART7, unha rede de festivais que mostra as revelacións do cinema europeo.