
Germán Labrador
Germán Labrador Méndez é un Investigador Distinguido (ATRAE) do Consello Superior de Investigacións Científicas de Madrid, adscrito ao Instituto de Lingua, Literatura e Antropoloxía do Centro de Ciencias Sociais e Humanas de Madrid (CSIC-ILLA-CCSH). Foi Catedrático na Universidade de Princeton até 2024 e Director de Actividades Públicas do Museo Reina Sofía de Madrid. Na actualidade, desenvolve un proxecto de investigación sobre as relacións entre cultura e democracia no Estado español (1868-2024). Recentemente, comisariou Esperpento. Arte popular y revolución estética (MNCARS, 2024-2025) e Ollos de vidro. As formas doutra historia de Galicia (Auditorio de Galicia, 2025). Entre as súas publicacións, cabe referir Culpables por la Literatura. Contracultura e imaginación política en la transición española (Akal, 2017). É experto nos campos dos estudos culturais, estudos de memoria e da literatura española moderna e contemporánea. Como historiador cultural, traballa na intersección da estética e a política a propósito das tradicións culturais marxinadas, borradas ou suprimidas dos mundos ibéricos.

Jean-Jacques Martinod
Jean-Jacques Martinod (Guayaquil, Ecuador, 1990) é cineasta, artista, curador cinematográfico, investigador abisal e anarchivista clandestino. Obtivo a súa maestría na Universidade de Concordia (Montreal), onde foi membro do Centre for Expanded Poetics, The Global Emergent Media Lab e o Fabrique-mondes Research Group. Actualmente, cursa o seu doutoramento no programa Emergent Technologies and Media Art Practices na Universidade de Colorado, onde continúa investigando na intersección entre tecnoloxía, ecoloxía e expresión artística. O seu traballo aborda as relacións entre o humano e o non humano, explorando mitoloxías populares, memorias anémicas e biomas suprarrexionais. Como curador, traballou con Cámara Lúcida (Ecuador), V-F-X (Eslovenia) e Xinema (Canadá), entre moitos outros. Actualmente, é programador e coordinador de documental expandido no Mimesis Documentary Festival (EE. UU.). Como artista e pedagogo, estende a súa práctica máis aló do ámbito cinematográfico, creando contornas onde converxen a experimentación mediática e o compromiso comunitario. En 2025 publica a novela experimental Arkta Cirklo en colaboración co artista Paulus van Horne. Os seus filmes foron exhibidos en festivais, museos e cinematecas como IFF Rotterdam, FIDMarseille, Sheffield Doc/Fest, CIFF Camden, PHI Montreal, Cineteca Nacional de México, Cinemateca do MAM Rio de Janeiro, Cinemateca de Bogotá, entre outros.

Mariana Hristova
Mariana Hristova é unha crítica de cine, xornalista cultural e programadora búlgara que reside en Barcelona, interesada no cinema dos países de Europa do Leste, Oriente Próximo e Caucasia, así coma no cinema de vangarda, amateur e subrepresentado. Colabora habitualmente con publicacións como Cineuropa, Modern Times Review, The New Arab e a revista búlgara KINO. É membro de FIPRESCI, FEDEORA e a Academia do Cinema Europeo. Tamén forma parte do comité de selección do Sheffield DocFest.