Skip to content
ENTRADA DE BALDE
12 DEC. / 12.00 h.
Casa das Campás
MESA DE TRABALLO. CARA A UNHA ALTERIDADE

A compatibilidade entre modelos de produción, distribución e programación estándar e aqueles que aspiran a crear un ecosistema que promove a biodiversidade e a difusión do infrarrepresentado nos circuítos convencionais semella ser o signo dos tempos. Esta mesa propón un diálogo sobre os obxectivos e aspiracións desa segunda vía: alteridade na que cine, creatividade, promoción cultural, construción de comunidade, risco e oportunidade semellan ser as súas divisas.

Participarán tres profesionais con visións que enriquecerán este encontro: Francisco Álvarez Ríos, cineasta e curador cinematográfico ecuatoriano, director artístico e de programación do festival Cámara Lúcida; Rodrigo Areias, cineasta, guionista e produtor luso, cofundador de Bando à Parte, especializado en cinema de autor heteroxéneo e arriscado cunha contrastada repercusión europea e internacional; e Brais Romero, produtor cinematográfico e distribuidor, fundador de La Machina (especializada no cinema de autor emerxente e na posta en valor de creatividades heterodoxas autonómicas e nacionais subrepresentadas nos circuítos de exhibición).

Os nosos convidados conversarán sobre as umbilicais relacións entre producir, distribuír e programar en contextos contemporáneos. Unha proposta deseñada para inspirar a novas xeracións e repensar colectivamente as condiciones que son necesarias para xerar unha biodiversidade cultural, sólida e sostible.

Participantes/convidados internacionais e nacionais
Rodrigo Areias (en representación de Bando à Parte – Guimarães, Portugal)
Brais Romero (en representación de La Machina – Santiago de Compostela, España)
Francisco Álvarez Ríos (en representación de Cámara Lúcida – Cuenca, Ecuador)