
O cineasta e programador ecuatoriano Francisco Álvarez Ríos, fundador e director do Festival Internacional de Cine Cámara Lúcida, protagonizará un encontro co equipo de programación de Novos Cinemas. A partir das curtametraxes La sombra refugiada e Educación perdida, abordará dúas formas de aproximarse ás contradicións sociais de Ecuador. Dende o testemuño dunha personaxe atravesada polo abandono, a procura dunha nova vida e a festa popular, ata a apropiación de imaxes que revelan as distancias sociais do país, o encontro explorará como a súa práctica dialoga coas tensións históricas, políticas e culturais dun territorio. Despois da exhibición, o cineasta manterá unha conversa interactiva co equipo de programación do festival e o público.
Francisco Álvarez Ríos (Ecuador, 1991), é artista sonoro e visual, cineasta, investigador, programador, fundador e director artístico do Festival Cámara Lúcida (Quito-Cuenca-Guayaquil), un festival que revela un alto compromiso coa defensa da creatividade, o artístico, o socio-ideolóxico… Francisco exerceu o comisariado en festivais e institucións iberoamericanas como STRANGLOSCOPE (Brasil, 2019), Festival de Cine Corriente (Perú, 2018); Festival Ultracinema (México, 2019-2020); Frontera Sur. FIC de No Ficción (Chile, 2020), entre moitos outros. As súas curtametraxes exhibíronse en IDFA (Países Baixos), Festival des Cinémas Différents et Expérimentaux de Paris (Francia), CROSSROADS (Estados Unidos), Beijing International Short Film Festival (China), entre outros.
Redes sociais
Instagram: francisco_kino
Ecuador | 2022 | 12’25’’ | HD | Estéreo | Sen diálogos

Educación perdida forxa un retrato adverso de Ecuador e as súas distancias sociais. A película presenta un deambular subxectivo polos camiños turbulentos dunha nación desafortunada.
Distribución / Collectif Jeune Cinema
transmission@cjcinema.org
Ecuador | 2020 | 24’ | HD

Na antiga altura dos Andes ecuatoriais, unha celebración popular revive a figura do diaño como un garda do territorio. La sombra refugiada retrata esta celebración a través da historia de Ángel, un diaño que atopou unha forma para descifrar o mundo a través da sombra da súa máscara. Esta interpretación libre da festa popular propón ao personaxe folclórico recoñecéndose dentro do mundo contemporáneo, compoñendo a celebración como unha toma do espazo de poder.
Nota: En ambas curtametraxes, os créditos principais —fotografía, son, escaneo e montaxe— pertencen a Francisco Álvarez, xa que son filmes de realización unipersoal. Por este motivo, non contan con ficha técnica.