Skip to content

Adriana Cabeza

Adriana Cabeza é comunicadora audiovisual e unha das fundadoras de Las Entendidas, proxecto dedicado á divulgación e crítica cinematográfica. A súa traxectoria está vinculada á xestión cultural e ao sector audiovisual, onde traballou para institucións públicas como a Filmoteca Valenciana e colaborou con festivais como La Mostra de València, Cinema Jove e o Festival 10 Sentidos, así como con diferentes produtoras valencianas. Compaxina o seu labor profesional coa divulgación e prescrición cinematográfica, participando en coloquios, presentacións e proxectos vinculados ao cinema e á cultura.

Alexia Guillot

Alexia Guillot é unha profesional da programación audiovisual e a produción cultural con máis de dez anos de experiencia en festivais, institucións e proxectos privados. Actualmente codirixe Las Entendidas xunto con Adriana Cabeza, un proxecto centrado no cinema e as series que combina programación e creación de contidos. Xuntas codirixen por segundo ano Sesión Expandida, o ciclo audiovisual do IVAM. Formou parte do equipo de programación da Mostra de València. A súa traxectoria abrangue proxectos vinculados a festivais e institucións como Cinema Jove, La Cabina, Festival 10 Sentidos, La Mutant e Filmoteca Valenciana, ademais de traballos de produción, comunicación e coordinación de eventos.

Òscar G. Pinazo

Òscar G. Pinazo é graduado en Comunicación Audiovisual pola Universitat Pompeu Fabra, onde actualmente cursa o Máster universitario en Estudis de Cinema i Audiovisual Contemporanis. É cofundador e coeditor da revista cinematográfica en liña en catalán Lo Vell i Lo Nou e traballa como mediador no Festival L’Alternativa de Barcelona. Tamén colaborou con outros medios dixitais como Núvol.