Skip to content
ENTRADA DE BALDE
13 DEC. / 13.00 h.
Casa das Campás
MESA DE TRABALLO. TECENDO REDES

Os festivais máis humildes comparten a mesma inquietude: a dificultade de crear redes internacionais estables e sostibles que promovan un tecido multicultural e transnacional. Só así poderán compartir experiencias e recursos e dar visibilidade a aqueles modelos de expresión cinematográfica que, aínda que estean infrarrepresentados nos circuítos de exhibición estándar, definen realmente a súa identidade e as súas liñas editoriais. Cineastas e creador@s enfróntanse á complexidade de difundir as súas obras nun contexto cada vez máis saturado e dominado por políticas hexemónicas de distribución. Esta mesa de traballo busca abrir un espazo de diálogo horizontal para poñer en común estratexias, explorar posibles colaboracións e, sobre todo, pensar en conxunto como activar sinerxías que permitan que estas películas crucen fronteiras e cheguen a un público global.

Participarán tres representantes de festivais: Francisco Álvarez Ríos, director artístico e de programación do festival Cámara Lúcida; Daniel Maciel, antropólogo e investigador vinculado a áreas de coordinación e dirección de proxectos culturais e festivais de cine lusos; Suso Novás, director de programación e codirector de Novos Cinemas.

Participantes/convidados internacionais e nacionais
Daniel Maciel (en representación de DOC(IN) – Viana do Castelo, Portugal)
Suso Novás (en representación de Novos Cinemas – Pontevedra, España)
Francisco Álvarez Ríos (en representación de Cámara Lúcida – Cuenca, Ecuador)