
Albert Triviño
Albert Triviño Massó (Barcelona, 1984) é cineasta experimental, docente e programador audiovisual. Licenciado en Historia da Arte e en Experimental Film, posúe tamén un Máster en Dirección e Produción de Proxectos Expositivos. Desde 2006 participou en varias exposicións e festivais, e en 2010 gañou o premio BCN Producció outorgado polo Concello de Barcelona e participou na edición dese ano do festival Xcèntric. A súa práctica artístico-fílmica caracterízase polo tratamento anti-icónico da imaxe e pola produción dunha obra que vai desde a pintura e a fotografía ata a videoinstalación, o super 8, o 16 mm e o documental. Socio fundador da Zumzeig Cinecooperativa, actualmente forma parte do equipo do cinema como programador e coordinador.

Lucía Ramiro
Lucía Ramiro (Foz, 1997) é socia traballadora de NUMAX. Graduada en Comunicación Audiovisual pola USC e especializada na relación entre o cinema e a educación. Traballou en equipos de dirección e produción de videoclips, curtametraxes e longametraxes. É coguionista do filme Os espazos en branco (2023). Na actualidade, traballa como proxeccionista e desenvolve proxectos de alfabetización cinematográfica na cooperativa.

Messidor Rodríguez
Messidor Rodríguez Borràs (Sants, Barcelona, 1982) estudou dirección cinematográfica no CECC (Centre d’Estudis Cinematogràfics de Catalunya). Despois de varias curtametraxes, rodou o documental Dusminguet i la patxanga jonda, co que participou no festival In-Edit de Barcelona. Durante os anos seguintes colaborou con varios músicos en videoclips, proxeccións en directo e unha serie documental. Desde 2020 traballa como cámara, editor e colorista en diferentes proxectos. En 2025 empezou a compaxinar estes traballos co de persoal técnico e de sala no cinema CineCiutat de Palma de Mallorca.