Skip to content
ENTRADA DE BALDE
13 DEC. / 12.30 h.
Museo de Pontevedra
ENCONTRO CON FRANCISCO ÁLVAREZ

Ademais de programar e introducir a Carta Blanca ofrecida a Cámara Lúcida (Ecuador), Francisco Álvarez protagonizará un encontro no que presentará unha selección dos seus traballos: obras que denotan o seu interese polos mecanismos de representación institucional, a experimentación sonora, a performatividade, a memoria, o territorio, o arquivo ou a materialidade. Despois da exhibición, o cineasta manterá unha conversa interactiva co equipo de programación do festival e o público.

Francisco Álvarez Ríos (Ecuador, 1991), é artista sonoro e visual, cineasta, investigador, programador, fundador e director artístico do Festival Cámara Lúcida (Quito-Cuenca-Guayaquil), un festival que revela un alto compromiso coa defensa da creatividade, o artístico, o socio-ideolóxico… Francisco exerceu o comisariado en festivais e institucións iberoamericanas como STRANGLOSCOPE (Brasil, 2019), Festival de Cine Corriente (Perú, 2018); Festival Ultracinema (México, 2019-2020); Frontera Sur. FIC de No Ficción (Chile, 2020), entre moitos outros. As súas curtametraxes exhibíronse en IDFA (Países Baixos), Festival des Cinémas Différents et Expérimentaux de Paris (Francia), CROSSROADS (Estados Unidos), Beijing International Short Film Festival (China), entre outros.