Skip to content
As augas
Ledicia Sola
España | 2026 | 102´ | Cor
Estrea na provincia
Coloquio coa cineasta e o equipo

A vida de Nora dá un xiro inesperado aos seus 43 anos. Tras romper coa súa parella, volve ao manancial da súa infancia coa esperanza de que as augas a axuden a curar todos os seus males. As súas amigas Antía e Marta non están dispostas a deixala soa e xuntas tomarán unha decisión que o cambiará todo: reinventar a súa idea de familia e construír un novo comezo baseado na amizade.

08 DEC | 21:00h
Sede Afundación

Dirección / Direction

Ledicia Sola é unha recoñecida actriz, escritora e directora; o seu traballo nace da mestura entre linguaxes, corpos e emocións. Cunha mirada ecléctica e unha voz propia, forxouse no teatro alternativo, entre procesos colectivos e pezas profundamente persoais. Gañadora do Premio Mestre Mateo por Os fenómenos e finalista por Malencolía, transitou con solidez polo cine e a televisión. Formada na RESAD e sen perder nunca o pulo da creación independente, hoxe continúa explorando novas linguaxes escénicas a través de pezas como Sen restricións, Divina e As Rhumorosas, tres espectáculos nos que escribe, dirixe e actúa, e que combinan a súa experiencia escénica cunha mirada contemporánea, feminina e profundamente persoal. As augas, o seu debut como guionista e directora cinematográfica, é froito da súa viaxe creativa.

Guión / Script

Ledicia Sola

Fotografía / Photography

Alberte Branco

Montaxe / Montaje / Edition

Salwa Azzam

Son / Sonido / Sound

Diego Staub, Xavier Souto

Música / Music

Lucía Aldao

Interpretación / Casting

Ledicia Sola, Melania Cruz, Marta Larralde, Lidia Veiga, Toni Salgado

Productores / Productores / Producers

Alfonso Zarauza, Daniel Froiz

Produtoras / Productoras / Production company

Maruxiña Film Company, Matriuska Producciones

Contacto / Contact

Baños Films banosfilms@banosfilms.net

Festivais / Festivales / Festivals

Seminci 2026. Punto de Encuentro. Cineuropa 2026. Closing Film