Skip to content
INTRO

Confiando na radical sensibilidade do público máis novo, así como no seu desprexuizado xeito de achegarse ao cinema, deseñamos unha programación que aspira a que o noso público máis xeneroso e esixente interactúe e comparta os seus descubrimentos e inquedanzas a través do cinema.

Tras a volta ás aulas durante o segundo trimestre do curso 2025-2026 e o primeiro cuadrimestre do curso 2026-2027 con #NA CLASE, as #MATINAIS+NOVOS e os #ENCONTROS CON, actividades que nos permitiron achegar as nosas propostas a centros educativos da nosa cidade e doutros municipios (EEI Concepción Crespo Rivas, CEIP Froebel, CEIP Plurilingüe Praza de Barcelos, CEIP Campolongo, Centro concertado de Enseñanza Ntra. Sra. de los Dolores, IES Frei Martín Sarmiento, EEI O Con), propoñemos un obradoiro impartido polas imaxinativas colegas de taller abierto, unha matinal e un encontro con como complementos ao programa implementado por #AULA+NOVOS durante a undécima edición de Novos Cinemas.