A viaxe de Elsa, unha fotógrafa que percorre o país para un proxecto sobre os campos de concentración franquistas, fai emerxer unha cartografía dos vencidos e, con ela, a historia de Carmen e Ángel, dous amantes separados pola guerra. A noticia do falecemento dun familiar obriga a Elsa a interromper o seu traballo, retomar o contacto coa súa familia e asumir unha herdanza pendente.
Todo es cárcel
Eloy Enciso Cachafeiro
España | 2026 | 108´ | Cor
Estrea na provincia
Coloquio co cineasta e o equipo


12 DEC | 20:00h
Cinexpo
Dirección / Direction
Tras graduarse en dirección de cine documental na Escola de San Antonio de los Baños (Cuba), Eloy Enciso dirixiu os documentais Pic-nic (2007) e Arraianos (2012). Este último, estreado no Festival de Cine de Locarno, recibiu os premios á Mellor Película en BAFICI (Buenos Aires), Transcinema (Perú) e SEFF (Sevilla). En 2019 regresa co seu primeiro traballo de ficción, Longa noite, que participa nas máis salientables citas (Locarno, Toronto, New York FF, Viennale, IFF Rotterdam ou Jeonju), colleitando premios en festivais de Suíza, Arxentina, Rusia, Francia, Portugal e España. Con Todo es cárcel (2026), Enciso continúa profundando nos seus sinais de identidade, que o emparentan co cine europeo contemporáneo. Para el, a verdadeira transformación non pasa por crear algo radicalmente novo, senón por redescubrir e revalorizar aqueles principios cinematográficos esquecidos ou subvertidos pola orde establecida.
Guión / Script
Eloy Enciso Cachafeiro
Fotografía / Photography
Jimmy Gimferrer
Montaxe / Montaje / Edition
Lisa María Velázquez Serrano
Son / Sonido / Sound
Marisol Cao Milán
Música / Music
Tere Núñez
Interpretación / Casting
Elsa Pereira
Productores / Productores / Producers
Marina Perales Marhuenda, Beli Martínez
Produtoras / Productoras / Production company
Umbracle Cine, Filmika Galaika
Contacto / Contact
La Machina
https://lamachina.es/
https://www.instagram.com/_lamachina/
Festivais / Festivales / Festivals
FID Marseille 2026. International Competition. Grand Prize. Seminci 2026. DOC España Award. Viennale 2026. Features