
Tomás Baltazar é cineasta, editor e programador. Traballa en cinema desde hai máis de 15 anos. Alén da súa filmografía como director, montou cerca de corenta películas, longametraxes e curtametraxes de directores como Edgar Pêra, Rodrigo Areias, Raquel Freire, Aya Koretzky, André Gil Mata, Vincent Lefort, Sofia Marques, Jorge Quintela, João Pedro Rodrigues, João Rui Guerra da Mata, Nathalie Mansoux, Pilar Palomero… Filmes exhibidos e premiados en Venecia, Cannes, Berlinale, Rotterdam, Visions du Réel, São Paulo IFF, Guadalajara, Olhar de Cinema Curitiba ou Sevilla, entre outros. Desde 2014, colabora co Festival Doclisboa como membro do equipo de programación da Competición Internacional. Ademais, é vicepresidente da Asemblea Xeral de Apordoc, Asociación de Cine Documental.
WORKING CLASS HEROES é unha proposta desenvolvida por Porto/Post/Doc en colaboración con Filmaporto – Film Commission e Fundación La Caixa / Caixa Forum. O proxecto ten dous obxectivos principais: apoiar a produción cinematográfica sobre a clase traballadora que construíu a cidade do Porto ao longo do tempo, e promover a produción de novos filmes que acheguen as voces de diferentes cineastas ao seu territorio e comunidade.
Portugal | 2026 | 24’ | Cor

Miguel vive coa súa nai en Cabo do Mundo, unha zona industrial costeira nos arredores do Porto. A súa nai, fisioterapeuta, recólleo cada día do colexio, onde el explora os recunchos máis recónditos das salas do hospital. Un novo paciente, en estado catatónico, esperta en ambos os impulsos de distanciamento e proximidade. Entre paisaxes inhóspitas e hospitalarias, nai e fillo buscan consolo e un camiño para seguir.
Dirección / Tomás Baltazar
Guión / Tomás Baltazar
Fotografía / Mariana Santana
Montaxe / João Pedro Duarte
Son / Luís Siveira, Henrique Vilão, Filipe Chagas
Intérpretes / Sofia Marques, Miguel Freitas, Pedro Bernardino, João Pamplona, Isabel Ruth
Produción / Laura Raniela
Produtora / C.R.I.M., Working Class Heroes, Porto/Post/Doc, Fundação GDA, Filmaporto Film Commission