Nun vello e decrépito cinema xorden varias historias, como pantasmas. Unha recompilación de películas de diversos formatos reflicte múltiples versións dos «vencidos da vida». «Para un home, ser un vencido ou un derrotado na vida non depende da realidade aparente á que chegou, senón do ideal íntimo ao que aspiraba». Así o afirmaba Eça de Queirós, que o propuxo como lema dos «Vencidos da Vida» en 1887.
Vencidos da Vida
Rodrigo Areias
Portugal | 2020 | 68´ | Cor e B/n
Estrea en Galicia

19 FEB | 19:00h
Museo de Pontevedra
Dirección / Direction
Rodrigo Areias é director e produtor. Cursou estudos de Xestión na Universidade Católica Portuguesa e licenciouse en Son e Imaxe na Escola das Artes, especializándose en Dirección na Tisch School of the Arts (NYU) e participando no «Production Eurodoc Program» e no «Venice Biennale College». Iniciou a súa traxectoria profesional como músico e produtor musical no selo Garagem, e como deseñador de son para directores como Paulo Rocha e Edgar Pêra. Desenvolveu traballos creativos nos ámbitos da ficción, o documental, a videoarte e os videoclips para algunhas das mellores bandas do panorama rock portugués (The Legendary Tiger Man, Wray Gunn, Mão Morta, Sean Riley and the Slow Riders, etc.). Dirixiu 8 longametraxes e varias curtametraxes, galardoadas en máis de 40 festivais, incluíndo Karlovy Vary, Ismailia, Pristina, Matera e Kalajoki.
Desde 2001 produciu e coproduciu máis de 150 curtametraxes e longametraxes —de ficción, documental e animación— de cineastas internacionais como F.J. Ossang, Gabe Klinger, Teddy Williams, Lois Patiño e Matías Piñeiro, e de cineastas portugueses como Edgar Pêra, João Canijo, Ana Rocha de Sousa e André Gil Mata. Como produtor, gañou un León de Ouro en Venecia e un Leopardo de Ouro en Locarno. As súas producións estreáronse nos festivais internacionais máis importantes —Cannes, Berlín, Venecia, Róterdam, Locarno, Clermont-Ferrand e Annecy—. Foi responsable da produción cinematográfica de Guimarães, Capital Europea da Cultura 2012, producindo filmes de Jean-Luc Godard, Aki Kaurismäki, Peter Greenaway, Manoel de Oliveira, Pedro Costa e Victor Erice, entre moitos outros.

Guión / Script
Rodrigo Areias
Fotografía / Photography
Jorge Quintela
Montaxe / Montaje / Edition
Rodrigo Areias, Tomás Baltazar
Son / Sonido / Sound
Vasco Carvalho, Pedro Marinho, Pedro Pestana, Pedro Ribeiro, Sérgio Silva
Música / Music
Rodrigo Areias, Morte Shopping, Sean Riley and The Slow Riders, Vitor Rua, The Legendary Tigerman
Interpretación / Casting
Alheli Guerreiro, Acácio de Almeida, Vitor Correia, Inês Mariana Moitas, Valdemar Santos, Carmo Teixeira, David Almeida, Ana Ribeiro, Miguel Moreira, André Cepeda
Productores / Productores / Producers
Rodrigo Areias
Produtoras / Productoras / Production company
Bando à Parte
Contacto / Contact
Bando à Parte
João Paulo Macedo – Sales & Festivals
sales@bandoaparte.com
Festivais / Festivales / Festivals
Mostra – São Paulo IFF 2020. CURTAS – Vila do Conde IFF 2020. Jaipur IFF 2021. Ischia Films of the Year 2021. FIC Valdivia 2021. Mostra de València–Cinema del Mediterrani 2021