
Eva Blanco Alonso protagonizará un encontro co equipo de programación de Novos Cinemas. Inmersa nunha liña de investigación que explora e concibe o cinema como obxecto cultural e social, Eva evidenciará a relevancia dos espazos fílmicos e dos seus habitantes na historia do cinema español. Parte desta investigación cristaliza en La forma que reconstruye. Sociología de los espacios fílmicos de Madrid (1958-2021), obra publicada pola UVigo na súa colección Miscelánea.
Eva Blanco Alonso (Pontevedra, 2001) é graduada en Comunicación Audiovisual pola UVigo e Máster de Investigación en Comunicación e Cultura pola Universidade de Sevilla. Actualmente forma parte do programa de Doutoramento en Comunicación da UVigo. Foi premiada pola cátedra URJC-FlixOlé ao Mellor Traballo Fin de Grao nos II Premios de Investigación sobre cine español e bolseira da Aula Blas Cabrera de Introdución á investigación e á docencia universitaria da UIMP. Redactora cultural en RTVE e Cinemagavia, é cocreadora da web Antiprosaicos.