Actividade para escolares. Acceso gratuito público xeral

O Institut Français é unha axencia cuxo principal labor é promover a cultura francesa no exterior. Para axudar a difundir o patrimonio cinematográfico creou o IFcinéma, unha plataforma que ofrece aos membros da rede cultural de Francia no estranxeiro a posibilidade de exhibir films de diversa natureza e orixe. Novos Cinemas continúa deste xeito a súa colaboración con esta prestixiosa iniciativa.
Bélxica | 2022 | 80´ | Cor

Aínda que Dalva ten 12 anos, vístese, maquíllase e vive como unha muller. Unha noite, lévana repentinamente da casa do seu pai. Atónita e indignada ao principio, coñece máis tarde a Jayden, un traballador social, e a Samia, unha adolescente con mal carácter. Unha nova vida parece comezar para Dalva, a dunha nena da súa idade.
Dirección / Emmanuelle Nicot
Interpretación / Zelda Samson, Alexis Manenti, Fanta Guirassy, Marie Denarnaud