Skip to content

O filme proxectarase en Ferrol, Santiago de Compostela e Madrid, en espazos clave para o cinema independente

A ópera prima de Manuel Muñoz, Los reinos, gañadora do Premio Latexos 2024 na última edición de Novos Cinemas, inicia agora o seu percorrido con proxeccións en tres espazos de referencia para o cinema independente.

Proxeccións con presenza do director en tres cines aliados
O filme será proxectado en Duplex Cinema (Ferrol) o martes 20 de maio ás 20:00h, en NUMAX (Santiago de Compostela) o mércores 21 de maio ás 20:00h e no Círculo de Belas Artes (Madrid) o xoves 22 de maio ás 19:30h. Estas salas comprometidas co cinema de autor ofrecerán ao público a oportunidade de desfrutar dunha experiencia máis próxima coa presenza do director.

Sobre a sección Latexos e o premio
A sección Latexos é un espazo dedicado ao cinema máis libre, exploratorio e persoal, onde se acollen propostas que rompen cos formatos tradicionais para apostar pola experimentación formal e a procura dunha voz propia. Este premio recoñece a singularidade dunha obra e fomenta a súa difusión máis aló do festival, facilitando o encontro directo entre cineasta e público en salas aliadas como as mencionadas.

Na edición de 2024, o xurado seleccionou Los reinos por construír, desde a contención e o silencio, unha atmosfera emocional intensa e unha narración de grande riqueza expresiva.

Estas proxeccións supoñen unha oportunidade única para descubrir unha das propostas máis estimulantes que pasaron este ano por Novos Cinemas, de man do seu propio creador.