Duas vezes João Liberada segue a João, unha actriz lisboeta, mentres protagoniza unha película biográfica sobre Liberada, unha figura transxénero perseguida pola Inquisición portuguesa no século XVIII. A produción da película convértese nun campo de batalla cando João enfróntase ao director sobre o modo en que debe representarse o legado de Liberada. Estas tensións intensifícanse a medida que os soños de João son cada vez máis axexados pola pantasma de Liberada, esvaecendo as liñas entre o pasado e o presente.
Duas Vezes João Liberada
Paula Tomás Marques
Portugal | 2025 | 70´ | Cor/Bn | DCP
ESTREA EN GALICIA


11 DEC | 16.30h
Teatro Principal
Dirección / Direction
Paula Tomás Marques (1994) é unha cineasta e profesora portuguesa. Tras completar un posgraduado en Realización Cinematográfica na Escola de Cinema Elías Querejeta (San Sebastián), cursou un posgraduado en Socioloxía no ISCTE (Lisboa) e formouse inicialmente en Dirección e Cinematografía na Escola de Teatro e Cinema de Lisboa. Paula Marques dirixiu as películas In Case of Fire (2019), Blindman’s Buff (2021) e Dildotectonics (2023), nas que explora temas relacionados co xénero, a sexualidade e a historiografía. O seu traballo proxectouse en festivais e ciclos de cinema, entre eles Ann Arbor, New York FF, BFI Flare, o SSIFF (San Sebastián), a Viennale e Visions du Réel, entre moitos outros, e obtivo varios premios. A súa primeira longametraxe, Duas vezes João Liberada, estreouse na sección Perspectives da Berlinale 2025. Paula Marques tamén traballou como directora de fotografía, montadora e supervisora de guión.
Guión / Script
June João, Paula Tomás Marques
Fotografía / Photography
Fresco Mafalda
Montaxe / Montaje / Edition
Jorge Jácome
Son / Sonido / Sound
Marcelo Tavares, Pedro Miguel Gonçalves
Música / Music
Maria João Petrucci, Rodrigo Vaiapraia
Interpretación / Casting
June João, André Tecedeiro, Jenny Larrue, Eloísa D’ascensão, Tiago Aires Lêdo, Caio Amado, Alice Azevedo
Productores / Productores / Producers
Cristiana Cruz Forte, Paula Tomás Marques
Produtoras / Productoras / Production company
Fúria de Boi, Casa Estrela, Elías Querejeta Zine Eskola
Contacto / Contact
Portugal Film – Portuguese Film Agency
Festivals and Events | Luís Lemos | pf@portugalfilm.org
https://www.portugalfilm.org/film.php
Festivais / Festivales / Festivals
Berlinale 2025. Perspectives. Mostra Internazionale del Nuovo Cinema di Pesaro 2025. Honourable Mention from the Critics Jury. Honourable Mention from the Youth Jury Taipei FF 2025. Jury's Special Award.