Yamel, unha estudante de cinema, coñece na Habana a Jans, un mozo pescador, e comeza a filmalo coa intención de facer un documental, pero, a medida que o seu vínculo se fai máis forte, a súa relación convértese no verdadeiro obxecto da película. Un ensaio encarnado sobre a intimidade co pulso da Habana.
Jankee
Yamel Thompson
México, Arxentina | 2025 | 62’ | Cor | DCP
ESTREA EN ESPAÑA


11 DEC | 10.30h
Teatro Principal
Dirección / Direction
Yamel Thompson (1991, México) é directora e produtora de cinema e televisión. Estudou Cinema e Televisión na UDLAP (México), especializouse en Dirección de Fotografía na Universidade de Texas (Austin), e obtivo unha Maestría en Ensaio Fílmico na EICTV (Cuba). O seu traballo explora os límites de conceptos como legalidade e identidade, así como experiencias de pertenza a través da migración e a identidade de xénero. En 2020 fundou a produtora Agüita, especializada en documentais, curtametraxes e publicidade. Jankee é a súa primeira longametraxe como directora. Actualmente reside nos Ánxeles, onde realiza a investigación para a súa segunda longametraxe.
Guión / Script
Yamel Thompson, Melisa Liebenthal
Fotografía / Photography
Yamel Thompson
Montaxe / Montaje / Edition
Melisa Liebenthal
Son / Sonido / Sound
Mercedes Gaviria Jaramillo
Interpretación / Casting
Sofía Grisales, Marlon Weber, Manuel Muñoz, Bruno Ciancaglini, Matías Lima
Productores / Productores / Producers
Melisa Liebenthal, Veronica Leon
Produtoras / Productoras / Production company
Texto Cine, Agüita Inc
Contacto / Contact
Compañía de Cine
Paulina Portela | paulina@companiadecine.com
Whatsapp:+5491134002718
Festivais / Festivales / Festivals
Visions du Réel 2025. International Medium Length & Short Film Competition EDOC 2025. Shungito: El amor como resistencia