Skip to content
El Novio Actual

Argentina | 2015 | 9´ | Cor | DCP

ESTREA EN ESPAÑA

Lucas chega á casa da súa exmoza, directora de cinema. O seu noivo actual está na casa, entre toda a xente. Lucas non sabe se se bica con el, ou non.

Martín Shanly (Bos Aires, 1988), guionista e cineasta graduado en Realización Cinematográfica pola Universidad del Cine (FUC) en 2011. No 2014 dirixe Juana a los 12,  gañadora da beca do Fondo Metropolitano de la Ciudad de Buenos Aires, estreada na Competencia Nacional do BAFICI (2014). A longametraxe participou nas seccións competitivas de diversos festivais, como Festival de Cine Latino Americano de La Habana, Sao Paulo IFF, Malatya IFF, Buff Children´s FF recibindo premios tanto no FESALP FF de Arxentina (Mellor Longametraxe), no D´a FF de Barcelona (Premio Talents) e no  Leonardo Favio FF. É coautor do guion de A Decent Woman, estreada noToronto IFF. Arturo a los 30 é a súa segunda longametraxe.

Jerónimo Quevedo é cineasta e produtor cinematográfico. As súas curtametraxes, La mujer perseguida (2013) e Enfrentar animales salvajes (2014), estreáronse no FIC de San Sebastián e foron seleccionados en máis de cincuenta festivais arredor do mundo. En 2015, xunto a Victoria Marotta funda Un puma (Bos Aires), produtora responsable de numerosas longametraxes e curtametraxes premiadas e exhibidas en Berlín, Venecia, Locarno, Toronto, Nova York, Marsella, Tokio, Mar del Plata, Tate Modern, Universidade de Harvard, Cinemateca de París, entre outros festivais, mostras, museos e universidades de todo o mundo. En 2023, estrearon Arturo a los 30 (Forum 73.° Berlinale), El auge del humano 3 (Concorzo Internazionale 76.° Locarno) e El repartidor está en camino (Premio Especial doXurado en Visions du réel). Recibirono Pardo d’oro do Festival de Locarno (El auge del humano) e o Oso de Oro da Berlinale (Un movimiento extraño, Francisco Lezama).

Arturo a los 30

Argentina | 2023 | 90´ | Cor | DCP

ESTREA EN GALICIA

Camiño a unha voda, Arturo vese envolto nun accidente do que sae ileso, pero que desata unha serie de recordos que o obrigan a enfrontarse a sentimentos adiados, e a aceptar os aspectos máis escuros da súa personalidade. 

Martín Shanly (Bos Aires, 1988), guionista e cineasta graduado en Realización Cinematográfica pola Universidad del Cine (FUC) en 2011. No 2014 dirxiu Juana a los 12,  beca do Fondo Metropolitano da Ciudad de Bos Aires, estreada na Competencia Nacional do BAFICI (2014). A longametrexa partipou nas seccións competitivas de diversos festivais, como Festival de Cine Latino Americano de La Habana, Sao Paulo IFF, Malatya IFF, Buff Children´s FF recibindo premios tanto no FESALP FF de Arxentina (Mellor Longametrexa), no D´a FF de Barcelona (Premio Talents) e no  Leonardo Favio FF. É coautor do guion de A Decent Woman, estreada noToronto IFF. Arturo a los 30 é a súa segunda longametrexa.

Dirección

Martín Shanly, Jerónimo Quevedo

Guión

Martín Shanly, Jerónimo Quevedo

Fotografía

Roman Kasserroler, Joaquín Neira, Victoria Pereda

Montaxe

Martín Shanly

Son

Nicolás Payueta, Virginia Scaro

Interpretación

Agustina Pulfer, Jerónimo Quevedo, Martín Shanly, Leandro Listorti, Francisco Lezama

Productores

Martín Shanly, Jerónimo Quevedo, Victoria Marotta

Productora

Un Puma

Dirección

Martín Shanly

Guión

Martín Shanly, Ana Godoy, Federico Lastra, Victoria Marotta

Fotografía

Federico Lastra

Montaxe

Ana Godoy

Música

Manque La Banca, Maximiliano Mammarella

Son

Nahuel Palenque, Virginia Scaro

Interpretación

Martín Shanly, Julia Ezcurra, Camila Dougall, Ivo Colonna, Paula Grinzpan, Marta Alchourron, Maria Soldi, Miel Bargman

Productores

Jerónimo Quevedo, Victoria Marotta, Paloma Torras, Franco Bacchiani

Productora

Un Puma