Skip to content

A novena edición do festival pontevedrés clausurouse no Teatro Principal reafirmando o seu compromiso coa promoción do cine emerxente

O director artístico do certame, destacou durante o acto de peche a expansión internacional do festival, o éxito de asistencia de público e o crecemento no número de voluntarios na organización, asegurando que o obxectivo para o vindeiro ano é seguir reforzando a súa imaxe como un gran escaparate do cine emerxente que tamén triunfa noutros festivais”.

Durante seis días, Pontevedra converteuse en epicentro do cine experimental e de vangarda, cunha programación que incluíu numerosas estreas internacionais. O Premio Novos Cinemas foi para a película ‘Eastern Anthems’, codirixida polo canadense Matthew Wolkow e o ecuatoriano Jean-Jacques Martinod, unha obra que destacou por ser unha exploración audaz e poética.

O laboratorio un dos piares fundamentais do festival, reafirma o seu papel no apoio a novos proxectos cinematográficos. Nesta edición, o proxecto ‘Lembrarás como bailabas’, da cineasta Alba Gallego, foi seleccionado para participar no MECAS (Mercado Internacional del Cine Casi Hecho.

A clausura do festival contou coa estrea de ‘Te separas mucho’, a ópera prima da cineasta galega Paula Veleiro, unha obra desenvolvida no laboratorio de proxectos do festival durante a súa sexta edición.

Novos Cinemas pecha as portas desta novena edición cun balance moi positivo e coa mirada posta xa na edición número dez.