Skip to content

O equipo de Novos Cinemas convida ao alumnado da Universidade de Vigo a formar parte do Programa de Voluntariado da 11ª edición de Novos Cinemas. Festival Internacional de Cinema de Pontevedra. Se queredes coñecer o noso festival, desexades traballar con xente nova e vos queredes divertir mentres desenvolvedes un traballo indispensable para o festival, colaborade…

O equipo de Novos Cinemas convida ao alumnado da Universidade de Vigo a formar parte do Programa de Voluntariado da 11ª edición de Novos Cinemas. Festival Internacional de Cinema de Pontevedra.

Se queredes coñecer o noso festival, desexades traballar con xente nova e vos queredes divertir mentres desenvolvedes un traballo indispensable para o festival, colaborade con nós nesta singular experiencia.

Entre o 8 e o 13 de decembro de 2026 coñeceredes a tramoia do festival e a cineastas noveis e profesionais do medio (realización, produción, distribución, guión, programación, prensa especializada…). As quendas, de mañá e/ou de tarde, acordaranse con cada persoa.

Tarefas

  • Información ao público sobre horarios, sedes e programación.
  • Preparación de materiais e espazos.
  • Apoio loxístico en proxeccións, presentacións e charlas.
  • Recepción e orientación de convidadxs e profesionais, e apoio nos accesos ás sedes.
  • Colaboración no control de accesos e aforos, seguindo as indicacións do equipo.
  • Apoio en fotografía, vídeo e difusión de contidos, segundo o perfil de cada persoa.

Sedes
Afundación Pontevedra, Cinexpo Galicine, Museo de Pontevedra, Casa das Campás, Facultade de Belas Artes, Facultade de Comunicación, Fundación RAC e Sala Zennet.

Perfil
Non se require titulación nin formación específica. Buscamos persoas con interese polo cinema e a cultura, capacidade de organización e comunicación e gusto polo traballo en equipo. Valórase (pero non é imprescindible) experiencia en fotografía, vídeo ou comunicación dixital, e inglés para atender a convidadxs internacionais.

Inscrición
Podedes inscribirvos neste formulario ou na plataforma de Voluntariado da Universidade de Vigo. Para calquera dúbida: secretaria@novoscinemas.com (de luns a venres, de 9.00 a 14.00 h).

    SOLICITUDE DE INSCRICIÓN / SOLICITUD DE INSCRIPCIÓN / REGISTRATION APPLICATION