Skip to content
ENTRADA DE BALDE
15 DEC. / 11.30 h.
Casa das Campás
ENCONTRO CON PEDRO ALVES

A Escola das Artes – Universidade Católica Portuguesa (Porto), localizada na Rua Diogo Botelho (Porto), e especializada nas áreas de Arte, Conservación e Restauración; Cinema; Arte Sonoro; Imaxe e Son; Animación; Industrias Creativas; Fotografía e New Media Art, é un centro de referencia no mapa universitario peninsular e europeo. Promovendo a confluencia entre a teoría, a investigación, a curadoría, o sector profesional e a creatividade artística, revela que esa é a vía para que os proxectos educativos aspiren á excelencia e melloren o tecido cultural e socio-económico do territorio no que se desenvolven.

Novos Cinemas invitou ao docente, Coordinador do Grado en Cinema da Escola das Artes, vicedirector e Investigador Integrado de CITAR (UCP), Pedro Alves, para que comparta con noso auditorio as singularidades deste vangardista proxecto.

Pedro Alves é doutorado en Comunicación Audiovisual (Facultade de Ciencias da Información Universidad Complutense de Madrid, 2015), é Profesor Auxiliar e Coordinador da Licenciatura en Cinema da Escola das Artes (Universidade Católica Portuguesa, Porto). Tamén é Vicedirector e Investigador do CITAR (UCP), onde coordina a área-foco de Cinema e Artes Visuais. É membro da Asociación Científica ICONO14 (España) e da Screenwriting Research Network. Foi formador do Plano Nacional de Cinema entre 2015 e 2021. Ten varias publicacións e participacións en eventos e proxectos científicos, nacionais e internacionais, sobre temas como cinema, argumento, narrativa, educación e creatividade. É o coordinador do proxecto dixital de alfabetización cinematográfica “Insert”, financiado pola FCT (2022-2023). Desde 2017 colabora coa UNESCO como consultor externo en actividades e proxectos da Rede de Cidades Creativas. Traballou en cinema nas áreas de Produción e Argumento, tendo tamén participado en proxectos na área do teatro e da música. Desde 2021 é membro da Dirección do Teatro Experimental do Porto.