Skip to content
Ornamento & Crime
Rodrigo Areias
Portugal | 2015 | 90´ | B/n
Estrea en Galicia

Ornamento & Crime é unha película policíaca sobre extorsión, arquitectura e corrupción. Narra a historia dun detective privado de serie B que, mentres intenta atopar o xeito de saír da cidade, continúa cos seus esquemas de extorsión coa axuda da súa compañeira. Con todo, nunha sociedade dominada pola mafia da construción, o risco podería ser demasiado alto.

20 MAR | 19:00h
Museo de Pontevedra

Dirección / Direction

Rodrigo Areias é director e produtor. Cursou estudos de Xestión na Universidade Católica Portuguesa e licenciouse en Son e Imaxe na Escola das Artes, especializándose en Dirección na Tisch School of the Arts (NYU) e participando no «Production Eurodoc Program» e no «Venice Biennale College». Iniciou a súa traxectoria profesional como músico e produtor musical no selo Garagem, e como deseñador de son para directores como Paulo Rocha e Edgar Pêra. Desenvolveu traballos creativos nos ámbitos da ficción, o documental, a videoarte e os videoclips para algunhas das mellores bandas do panorama rock portugués (The Legendary Tiger Man, Wray Gunn, Mão Morta, Sean Riley and the Slow Riders, etc.). Dirixiu 8 longametraxes e varias curtametraxes, galardoadas en máis de 40 festivais, incluíndo Karlovy Vary, Ismailia, Pristina, Matera e Kalajoki.

Desde 2001 produciu e coproduciu máis de 150 curtametraxes e longametraxes —de ficción, documental e animación— de cineastas internacionais como F.J. Ossang, Gabe Klinger, Teddy Williams, Lois Patiño e Matías Piñeiro, e de cineastas portugueses como Edgar Pêra, João Canijo, Ana Rocha de Sousa e André Gil Mata. Como produtor, gañou un León de Ouro en Venecia e un Leopardo de Ouro en Locarno. As súas producións estreáronse nos festivais internacionais máis importantes —Cannes, Berlín, Venecia, Róterdam, Locarno, Clermont-Ferrand e Annecy—. Foi responsable da produción cinematográfica de Guimarães, Capital Europea da Cultura 2012, producindo filmes de Jean-Luc Godard, Aki Kaurismäki, Peter Greenaway, Manoel de Oliveira, Pedro Costa e Victor Erice, entre moitos outros.

Guión / Script

Pedro Bastos, Rodrigo Areias

Fotografía / Photography

Jorge Quintela

Montaxe / Montaje / Edition

Eduardo Nunes

Son / Sonido / Sound

Pedro Ribeiro, Pedro Marinho, Vasco Carvalho

Música / Music

Rita Redshoes, The Legendary Tigerman

Interpretación / Casting

Vítor Correia, Tânia Dinis, Djin Sganzerla, António Durães, Ângelo Torres, Ângela Marques, Valdemar Santos

Productores / Productores / Producers

Rodrigo Areias

Produtoras / Productoras / Production company

Bando à Parte

Contacto / Contact

Bando à Parte João Paulo Macedo – Sales & Festivals sales@bandoaparte.com

Festivais / Festivales / Festivals

São Paulo IFF 2015. Viennale – Vienna IFF 2015. FICARQ – Santander Architecture and Film Festival. Lisbon & Estoril FF