Skip to content
Rotacismo
Ricardo Ruales Eguiguren
Ecuador, Italia | 2025 | 84’ | Cor | DCP
ESTREA EN GALICIA
Coloquio con Ricardo Ruales Eguiguren e Soledad Santelices

O meu nome é Ricardo. Durante 24 anos loitei por pronunciar a letra R, o que me levou a reprimir a miña voz. Este ensaio documental é unha viaxe íntima en busca da identidade da miña voz e o esforzo por liberala, reflectido no meu percorrido persoal de regreso á casa dos meus pais. Desta maneira, Rotacismo preséntase como un ensaio documental no que, aos poucos, o concepto da voz entrelázase co da identidade. Tamén busca responder preguntas sobre a invisibilidade, o desenvolvemento tardío da voz e a complexidade da construción do eu, marcada pola discapacidade e unha sexualidade disidente.

10 DEC | 12.00h
Teatro Principal

Dirección / Direction

Ricardo Ruales Eguiguren naceu en Quito (Ecuador). Dirixiu a curtametraxe documental El silencio del tiempo, que participou en varios festivais ao redor do mundo. En 2013 colaborou co Encontro Internacional de Documental de Ecuador (EDOC). Desde 2017 é membro de INCUBADORA S.A. Rotacismo é a súa primeira longametraxe documental, realizado co apoio de fondos de Ecuador, Ibermedia, Sundance e IDFA Bertha Fund. Ricardo ten unha Mestría en Creación Cinematográfica pola Elías Querejeta Zine Eskola (Escola de Cinema de San Sebastián).

Guión / Script

Soledad Santelices, Nicole Moscoso Vergara, Ricardo Ruales Eguiguren

Fotografía / Photography

Diego Lucero, Santiago García, Nicole Moscoso Vergara, Ricardo Ruales Eguiguren

Montaxe / Montaje / Edition

Nicole Moscoso Vergara

Son / Sonido / Sound

Gabriela Yánez

Música / Music

Manuela Solines

Productores / Productores / Producers

Soledad Santelices, Matteo Pecorara

Produtoras / Productoras / Production company

Incubadora, Small Boss Production, Arte Bennu, Elías Querejeta Zine Eskola

Contacto / Contact

Incubadora Soledad Santelices | solesantelices@gmail.com Teléfono: +34 685 635 991 Utopiadocs Renato Manganello | renato@utopiadocs.net

Festivais / Festivales / Festivals

Festival Cámara Lúcida 2025. National Competittion Audience Award Sheffield Doc Fest 2025. Opening Film EDOC (Ecuador) 2025. Urgencias