Argentina | 2018 | 17´ | Cor | DCP

Tres medievais desembarcan non Río da Prata e mergúllanse na selva ribeirega. Están buscando un lugar sacro ao que deben chegar antes do anoitecer.
Manque A Banca (Bariloche, 1990) é cineasta, produtor e músico. Estudou Belas Artes na UNLP. Dirixiu a curtametraxe T.R.A.P. (2018), que tivo a súa estrea na Berlinale 2018. A súa primeira longametraxe, Esquí (2021), estreouse en Berlinale Forum e obtivo o premio Fipresci da crítica internacional.
Argentina, Guinea Bissau, Suíza | 2019 | 23´ | Cor | DCP
ESTREA EN GALICIA

«No es», de Mariano Blatt, é un poema acumulativo cuxo proceso de escritura constante podería extenderse durante toda unha vida. O seu texto é capaz de cubrir calquera cousa: imaxes, persoas, paisaxes, frases, ideas.
Eduardo Williams (1987, Arxentina) estudou na Universidade do Cinema (Bos Aires), antes de incorporarse a Le Fresnoy – Studio national des arts contemporains (Francia). As súas curtametraxes Pude ver un puma (2011) e That I’m Falling? (2013) estreáronse na Cinéfondation e na Quincena de Realizadores do Festival de Cannes, seguidos de Tôi quên rồi! (2014), que se estreou no FIDMarseille. Organizáronse retrospectivas das súas curtametraxes na Cinémathèque Française (París) e na Film Society of Lincoln Center (Nova York). A súa primeira longametraxe, El auge del humano (2016), gañou o premio Filmmakers of the Present na 69ª edición do Festival de Cinema de Locarno, proxectándose, entre outros festivais, no FIC de Toronto (Wavelengths), e no Festival de Cinema de Nova York (Projections). En 2020 presenta Parsi, codirixido con Mariano Blatt, que se estrea na Berlinale, e no 2023, presenta en Locarno El auge del humano 3.
Mariano Blatt (1983, Argentina) é poeta e editor literario. Mi juventud unida (Mansalva, 2015) recoge sus poemas de 2005 a 2015. Codirixe Blatt & Ríos, unha editorial independiente.
Argentina | 2014 | 7´ | Cor | DCP

Miss Chile ‘85 foi secuestrada por Tarzán, rei da xungla, e máximo expoñente da loita patriótica -Frente Patriótico Manuel Rodríguez- contra a ditadura de Augusto Pinochet.
Jerónimo Quevedo é cineasta e produtor cinematográfico. As súas curtametraxes, La mujer perseguida (2013) e Enfrentar animales salvajes (2014), estreáronse no FIC de San Sebastián e foron seleccionados en máis de cincuenta festivais arredor do mundo. En 2015, xunto a Victoria Marotta funda Un puma (Bos Aires), produtora responsable de numerosas longametraxes e curtametraxes premiadas e exhibidas en Berlín, Venecia, Locarno, Toronto, Nova York, Marsella, Tokio, Mar del Plata, Tate Modern, Universidade de Harvard, Cinemateca de París, entre outros festivais, mostras, museos e universidades de todo o mundo. En 2023, estrearon Arturo a los 30 (Forum 73.° Berlinale), El auge del humano 3 (Concorzo Internazionale 76.° Locarno) e El repartidor está en camino (Premio Especial doXurado en Visions du réel). Recibirono Pardo d’oro do Festival de Locarno (El auge del humano) e o Oso de Oro da Berlinale (Un movimiento extraño, Francisco Lezama).
Brasil, Argentina | 2019 | 40´ | Cor | DCP
ESTREA EN GALICIA

Unha noite de maio, fai sete anos, Rafael volvía a casa dende o seu traballo. Alguén chamouno polo seu nome mentres abría a porta. Ao darse a volta atopouse con varios descoñecidos que o estaban esperando. Transportado por esas persoas, Rafael non regresou a súa casa. Desde ese momento vive coma se aquela noite nunca terminase.
Affonso Uchoa é un cineasta fincado en Brasil. A súa primeira película, Mulher á tarde (2010), proxectouse na Mostra de Tiradentes, a Semana dos Realizadores, entre outros festivais de cinema de Brasil. Tamén dirixiu A vizinhança do tigre (2014), gañadora do premio maior na Mostra de Tiradentes e galardoada noutros festivais como Olhar de Cinema e Fronteira. A película exhibiuse no Hamburg Filmfest, Lussasdoc e EDOC. É codirector de Arábia (2017), estreada na Tiger’s Competition do FIC de Rotterdam (2017) e premiada, entre outros, no Indielisboa e no Golden Apricot. A película percorreu mais de 60 festivais de todo o mundo.
Dirección
Manque La Banca
Guión
Manque La Banca
Fotografía
Pablo Huerta (El lagarto)
Montaxe
Manque La Banca
Música
Antu La Banca
Son
Hernán Biassotti
Interpretación
Teo Palvi, Julia Sbriller, Antu La Banca
Productores
Tobias Cédola, Jerónimo Quevedo, Victoria Marotta
Productora
Un Puma
Dirección
Eduardo (Teddy) Williams, Mariano Blatt
Poema
Mariano Blatt
Fotografía
Ivandro Cá, Vadinho da Costa, Edmilson Djú, Alfa Kalido Baldé
Música
Eduardo (Teddy) Williams
Son
Simón Apostolou
Interpretación
Ivandro Cá, Cris Gomes, Djibril Baldé, Leandro Pereira
Productores
Nahuel Pérez Biscayart, Jerónimo Quevedo, Victoria Marotta
Productora
Un Puma
Dirección
Jerónimo Quevedo
Guión
Jerónimo Quevedo
Música
Martín Shanly
Son
Milton Rodríguez, Jerónimo Quevedo
Productores
Mariano Blanco
Productora
Universidad del Cine
Dirección
Affonso Uchoa
Guión
Rafael dos Santos Rocha, Affonso Uchôa, João Dumans
Música
João Dumans
Son
Marcela Santos, Bruno Vasconcelos
Interpretación
Rafael Santos Rocha, Wederson Neguinho, Robson Vieira, Maikim, Leo, Max
Productores
Camila Bahia Braga,, Jerónimo Quevedo, Victoria Marotta
Productora
Vasto Mundo, Un Puma