Skip to content

Albert Triviño

Albert Triviño Massó (Barcelona, 1984) é cineasta experimental, docente e programador audiovisual. Licenciado en Historia da arte e en Experimental Film, posúe tamén un Máster en Dirección e Produción de Proxectos Expositivos. Desde 2006 participou en varias exposicións e festivais gañando en 2010 o premio BCN Producció outorgado polo Concello de Barcelona e participando na edición do festival Xcèntric dese mesmo ano. A súa práctica artístico-fílmica caracterízase polo tratamento anti-icónico da imaxe e pola produción dunha obra que vai desde a pintura e a fotografía, ata a vídeo instalación, o super 8, o 16mm e o documental. Socio fundador da Zumzeig Cinecooperativa, actualmente forma parte do equipo do cinema como responsable de programación.

Andrés González

Andrés González, graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Alcalá, con especialización en Cinema e Fotografía. Ao terminar o grao, inicia a súa actividade profesional nos eidos da produción e a comunicación cinematográfica. Posteriormente, cursa o Máster en Crítica Cinematográfica da ECAM, onde cofunda o Colectivo Termita, centrado na crítica, programación e creación cinematográfica. O seu interese polo cinema experimental e de vangarda lévao a continuar a súa formación a través dos programas de Insubordinaciones Fílmicas en LAV. Actualmente, compaxina labores de crítica e comisariado coa programación de cinema no circuíto de exhibición comercial. Así mesmo, forma parte do consello editorial da Revista Mutaciones, medio no que colabora como redactor.

Coral Piñeiro

Coral Piñeiro é unha nova realizadora galega. Dirixiu as curtametraxes Dores e Na pel da memoria (esta última xunto a Laura Piñeiro) e actualmente traballa na súa primeira longametraxe, Da túa man para a miña, en colaboración con Fran Rodríguez Casal. É cofundadora de Memoria e Cinema, un colectivo de novos cineastas que exploran a memoria, dende a familiar ata a histórica. Ademais, colabora en diferentes festivais galegos no ámbito da programación e da comunicación, e exerce como docente en proxectos de educación a través do cinema, como a MICEscola da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego.

Elena del Olmo

Elena del Olmo Andrade é colaboradora da revista Caimán Cuadernos de Cine e do medio en liña Filmtopia. Como programadora, formou parte da oitava edición de CineZeta na Cineteca de Madrid, da sétima edición do Festival Puwerty na Casa Encendida e, actualmente, é parte do equipo de programación do Festival Another Way como coordinadora das seccións de curtametraxe. Licenciada en Comunicación Audiovisual Bilingüe pola Universidade Carlos III de Madrid e en Crítica Cinematográfica pola ECAM, formou parte do Xurado Novo na 71.ª edición do Festival de Cinema de San Sebastián e na 22.ª edición de Documenta Madrid. Co seu traballo, especializado no cinema de terror, queer, independente e ideado por mulleres, quere achegar unha visión analítica, suxestivo, política e fundamentada do panorama cinematográfico.

Eva Blanco

Eva Blanco Alonso (Pontevedra)
Programa de Doutoramento en Comunicación Uvigo

Gael Martínez

Gael Martínez Rodríguez (México)
3º curso de Comunicación Audiovisual Uvigo

Germán Labrador

Germán Labrador Méndez é un Investigador Distinguido (ATRAE) do Consello Superior de Investigacións Científicas de Madrid, adscrito ao Instituto de Lingua, Literatura e Antropoloxía do Centro de Ciencias Sociais e Humanas de Madrid (CSIC-ILLA-CCSH). Foi Catedrático na Universidade de Princeton até 2024 e Director de Actividades Públicas do Museo Reina Sofía de Madrid. Na actualidade, desenvolve un proxecto de investigación sobre as relacións entre cultura e democracia no Estado español (1868-2024). Recentemente, comisariou Esperpento. Arte popular y revolución estética (MNCARS, 2024-2025) e Ollos de vidro. As formas doutra historia de Galicia (Auditorio de Galicia, 2025). Entre as súas publicacións, cabe referir Culpables por la Literatura. Contracultura e imaginación política en la transición española (Akal, 2017). É experto nos campos dos estudos culturais, estudos de memoria e da literatura española moderna e contemporánea. Como historiador cultural, traballa na intersección da estética e a política a propósito das tradicións culturais marxinadas, borradas ou suprimidas dos mundos ibéricos.

Jean-Jacques Martinod

Jean-Jacques Martinod (Guayaquil, Ecuador, 1990) é cineasta, artista, curador cinematográfico, investigador abisal e anarchivista clandestino. Obtivo a súa maestría na Universidade de Concordia (Montreal), onde foi membro do Centre for Expanded Poetics, The Global Emergent Media Lab e o Fabrique-mondes Research Group. Actualmente, cursa o seu doutoramento no programa Emergent Technologies and Media Art Practices na Universidade de Colorado, onde continúa investigando na intersección entre tecnoloxía, ecoloxía e expresión artística. O seu traballo aborda as relacións entre o humano e o non humano, explorando mitoloxías populares, memorias anémicas e biomas suprarrexionais. Como curador, traballou con Cámara Lúcida (Ecuador), V-F-X (Eslovenia) e Xinema (Canadá), entre moitos outros. Actualmente, é programador e coordinador de documental expandido no Mimesis Documentary Festival (EE. UU.). Como artista e pedagogo, estende a súa práctica máis aló do ámbito cinematográfico, creando contornas onde converxen a experimentación mediática e o compromiso comunitario. En 2025 publica a novela experimental Arkta Cirklo en colaboración co artista Paulus van Horne. Os seus filmes foron exhibidos en festivais, museos e cinematecas como IFF Rotterdam, FIDMarseille, Sheffield Doc/Fest, CIFF Camden, PHI Montreal, Cineteca Nacional de México, Cinemateca do MAM Rio de Janeiro, Cinemateca de Bogotá, entre outros.

Manuel Asín

Manuel Asín, coordinador da área de cinema do Círculo de Bellas Artes de Madrid y miembro del comité de selección de FIDMarseille. Programou ciclos para Filmoteca Española, MNCARS, Xcèntric, Tabakalera, Festival de Sevilla, Instituto Moreira Salles, etc. Publicou artigos en revistas como Blogs & Docs, Trafic ou Caimán Cuadernos de cine, onde é membro do consello de redacción. É autor dos prólogos e a edición de dous libros en torno ao cinema de Jean- Marie Straub e Danièle Huillet: Escritos (2011) e Hacer la revolución es también volver a colocar en su sitio cosas muy antiguas pero olvidadas (2016). Asín es profesor asociado en la Universidad Carlos III y forma del equipo docente de Elías Querejeta Zine Eskola (San Sebastián) y SUR (Madrid). Foi director da distribuidora e editorial de libros e DVDs Intermedio (2011-2015). De 2011 to 2015 foi director da distribuidora e editorial de libros e DVDs Intermedio, y de 2022 a 2025 foi o director de Punto de Vista Navarra IFF.

Mariana Hristova

Mariana Hristova é unha crítica de cine, xornalista cultural e programadora búlgara que reside en Barcelona, interesada no cinema dos países de Europa do Leste, Oriente Próximo e Caucasia, así coma no cinema de vangarda, amateur e subrepresentado. Colabora habitualmente con publicacións como Cineuropa, Modern Times Review, The New Arab e a revista búlgara KINO. É membro de FIPRESCI, FEDEORA e a Academia do Cinema Europeo. Tamén forma parte do comité de selección do Sheffield DocFest.

Marta Rodríguez

Marta Rodríguez Quintana (España)
3º curso de Comunicación Audiovisual Uvigo

Nacho Álvarez

Nacho Álvarez, graduado en Historia da Arte pola Universidade Complutense de Madrid con especialización en Arte Contemporánea e Cinema e postgraduado no Máster de Teoría e Crítica da Cultura da Universidade Carlos III de Madrid, dedicando ambos os traballos de investigación ás figuras de Terence Davies e Terrence Malick, respectivamente. Tras terminar o Máster de Crítica Cinematográfica da ECAM, funda o Colectivo Termita (programación, crítica e creación cinematográfica). O seu labor actual divídese entre a programación en festivais e institucións (Intersección e Cineteca), a colaboración no equipo de redacción de SEMINCI (Semana Internacional de Cinema de Valladolid) e o exercicio da crítica cinematográfica en medios como Caimán Cuadernos de Cine, El antepenúltimo mohicano ou Revista Mutaciones (da que forma parte do consello editorial).

Paulino Pérez

Paulino Pérez, licenciado en Ciencias da Información pola UCM (Madrid) e doutor en Comunicación Audiovisual pola UVigo, na que imparte as materias de Guión, Produción e Realización de Ficción e Tecnoloxía dos medios audiovisuais desde 2004. Codirector do curso de cinema CeMAC desde 2012, codirector da Master Class AUGAL sobre audiovisual galego e director do Taller Celanova estudio de ficción desde 2010, onde se produciron sete curtametraxes, cinco webseries e dous documentais. Foi docente da Cátedra de TV e Novos Medios na Escola Internacional de Cinema e TV de Cuba (2017 e 2018). É membro do grupo de investigación Novos Materiais do departamento de Física Aplicada no que desenvolve a liña de divulgación científica audiovisual e onde participou en 17 Proxectos de Investigación e 9 Proxectos de Transferencia. Dirixiu as tres edicións do concurso Desafío Audiovisual Illas Cíes (Concello de Vigo) e das sete edicións do concurso de creación de curtametraxes Fas Muvis do Ourense Film Festival.

Romina Doce

Romina Doce naceu e criouse en Bos Aires, cidade onde comezou os estudos de Xornalismo na Universidade de Quilmes. Posteriormente, afincada en Galicia, a terra dos seus avós, estudou Produción Audiovisual na EISV de Vigo.Tras traballar nunha produtora especializada en obras documentais, decidiu montar un proxecto propio. A finais do ano 2007, fundou, xunto con Gero Costas, Producciones Mutantes, onde desenvolveu diferentes labores, dende produción, dirección de fotografía e realización. Desde a produtora leva a cabo proxectos de publicidade, documental, videoclip e ficción. Por outra banda, desde o ano 2020 tamén é a Fotógrafa do Museo de Pontevedra e Tesoureira de CREA, Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización.

Xan Gómez

Xan Gómez Viñas doutorouse en 2015 en Ciencias da Comunicación pola USC coa tese Do amateur ao militante: implicacións políticas e estéticas do cinema en formato non profesional na Galiza dos anos setenta. Traballou no departamento de comunicación de Vieiros, Compostela Cultura e Auditorio de Galicia. Foi socio fundador do Cineclube de Compostela e ten publicado crítica cinematográfica en diversos medios e revistas especializadas. En 2012 dirixe canda Pablo Cayuela o filme documental Fóra, estreado no CPH:DOX de Copenhague. É o actual programador do Cinema NUMAX de Santiago de Compostela.