· Xoves 12 e Venres 13 de Decembro, de 17.00h a 20.00h
· Número de prazas: 15
· Duración: 6 horas, Casa das Campás.
· Público Xeral: 30 Euros, Estudantes: 15 Euros
· É necesario adxuntar o xustificante de pago.
· Ingreso vía transferencia na conta ES7200496737022910009006 a nome de ACC NOVOS CINEMAS. Concepto: TALLER con JAMIE WEISS. O prazo de inscrición remata o 10 de decembro ás 23:59h. Prazas asignadas por rigoroso orden de inscrición.
Grazas á colaboración coa ECAM, Escola de Cinematografía e do Audiovisual de Madrid, Novos Cinemas pon en marcha a celebración do taller formativo “A produción creativa e os desafíos do mercado internacional” a cargo do produtor Jamie Weiss.
Desde os seus inicios, El Viaje Films desenvolveu unha estratexia creativa que fusiona novas fórmulas narrativas cun sólido compromiso ético, superando os retos de financiamento para levar os seus proxectos, desde un recuncho periférico de Europa, ao escenario internacional. Nos últimos anos, as súas películas foron recoñecidas e premiadas en destacados festivais internacionais.
Jamie Weiss, produtor da El Viaje Films, compartirá como a produtora logrou consolidar unha presenza internacional a través dun enfoque centrado no proceso creativo. O taller enfocarase nos métodos que permitiron El Viaje Films á converterse nun referente do cinema independente, navegando as complexidades do mercado nacional e global, mentres manteñen unha visión autoral distintiva.